Saltar ao contido

A marabillosa historia de Henry Sugar (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A marabillosa historia de Henry Sugar
Ficha técnica
Título orixinalThe Wonderful Story of Henry Sugar
DirectorWes Anderson
Produtor
GuiónWes Anderson
Baseado en"The Wonderful Story of Henry Sugar" de Roald Dahl
Intérpretes
FotografíaRobert Yeoman
Montaxe
Estudio
DistribuidoraNetflix
EstreaFestival de Venecia: 1 de setembro de 2023
20 de setembro de 2023
Netflix: 27 de setembro de 2023
Duración39 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFantasía
Na rede
IMDB: tt16968450 Filmaffinity: 396112 Allocine: 227531 Rottentomatoes: m/the_wonderful_story_of_henry_sugar Metacritic: movie/the-wonderful-story-of-henry-sugar Netlix: 81388090 Editar o valor en Wikidata

A marabillosa historia de Henry Sugar (en inglés: Roald Dahl's The Wonderful Story of Henry Sugar, ou sinxelamente The Wonderful Story of Henry Sugar), é unha curtametraxe[2] estadounidense escrita, coproducida e dirixida por Wes Anderson. Baséase na historia de 1977 "The Wonderful Story of Henry Sugar" de Roald Dahl. É a segunda adaptación cinematográfica dunha obra de Dahl por parte de Anderson, logo de Fantastic Mr. Fox (2009).[3] Está protagonizado por Benedict Cumberbatch xunto con Ralph Fiennes, Dev Patel, Ben Kingsley e Richard Ayoade. Conta a historia dun home rico que descobre a existencia dun gurú da clarividencia que podía ver sen usar os seus ollos a través do poder dunha forma particular de ioga, e despois proponse dominar a habilidade para facer trampas nos xogos de azar.

O filme é a primeira dunha serie de catro curtametraxes adaptadas de historia de Dahl, incluíndo "The Swan", "The Rat Catcher" e "Poison".[4] O desenvolvemento do proxecto comezou en xaneiro de 2022. A fotografía principal tivo lugar en Londres ese mes. A marabillosa historia de Henry Sugar foi orixinalmente unha longametraxe ata que Anderson aclarou en xuño de 2023 que sería unha colección de curtametraxes.

A marabillosa historia de Henry Sugar estreouse na 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 1 de setembro de 2023, e estreouse de forma limitada en cinemas o 20 de setembro de 2023, seguido da estrea en Netflix o 27 de setembro de 2023,[5] onde conta cunha versión subtitulada en galego. As outras tres curtas de Anderson baseadas en historias de Dahl estreáronse en Netflix os días sucesivos: The Swan o 28 de setembro, The Rat Catcher o 29 de setembro e Poison o 30 de setembro.[6]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "The Wonderful Story of Henry Sugar". Netflix. 27 de setembro de 2023. Consultado o 27 de setembro de 2023. 
  2. Bergeson, Samantha (2023-08-24). "Wes Anderson's 'Wonderful Story of Henry Sugar' Sets Netflix Release Date and Shares New Art". IndieWire (en inglés). Consultado o 2023-08-25. 
  3. Shafer, Ellise (2023-09-01). "Wes Anderson Confirms ‘Henry Sugar’ Short Film Collection Will Include ‘The Swan,’ ‘Poison’ and ‘The Rat Catcher’". Variety. Consultado o 2023-09-01. 
  4. "Wes Anderson Revisits Roald Dahl in ‘Wonderful Story of Henry Sugar’ Trailer". The Hollywood Reporter. 2023-09-14. Consultado o 2023-09-14. 
  5. Bergeson, Samantha (2023-08-24). "Wes Anderson's 'Wonderful Story of Henry Sugar' Sets Netflix Release Date and Shares New Art". IndieWire (en inglés). Consultado o 2023-08-24. 
  6. "You’re Invited to a Week of New Wes Anderson Shorts This September". Netflix Tudum (en inglés). Consultado o 2023-10-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]