Dev Patel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dev Patel
Dev Patel at PaleyFest 2013.jpg
Patel no 2013
Nacemento23 de abril de 1990 (28 anos)
LugarLondres, Inglaterra Inglaterra
NacionalidadeReino Unido
RelixiónHinduísmo
Cónxuxe(s)Freida Pinto (2009-presente)
ProfesiónActor (2006-presente)
editar datos en Wikidata ]

Dev Patel, nado o 23 de abril de 1990 en Harrow, Londres, é un actor inglés de orixe india, concretamente guxaratí.[1] Seus pais naceron en Quenia, na comunidade hindú, pero se coñeceron en Inglaterra.

Traxectoria persoal[editar | editar a fonte]

Dende pequeno practicou varias artes marciais, conseguindo en 2006 o cinto negro en taekwondo. Foi medalla de bronce nesa disciplina nos Campionatos Mundiais da Action International Martial Arts Association de 2004 en Dublín. Ten máis de 30 medallas de varias competicións.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Dende rapaz tivo interese pola interpretacións e comezou no teatro escolar. Despois pasou á Whitmore High School,[2] donde conseguiu notas relevantes en drama emocionando os profesores o que o levou a se presentar ás audicións da serie Skins, na que conseguiu o seu primeiro papel interpretando a un paquistaní, en 2007, con 17 anos. Con ese papel, fíxose famoso no Reino Unido pola interpretación de Anwar Kharral nas dúas primeiras tempadas da serie.

O ano seguinte debutou no cine con Slumdog Millionaire, o filme de Danny Boyle, co papel de Jamal Malik. En 2010, foi un dos protagonistas do filme The Last Airbender, baseado na serie de debuxos animados Avatar: The Last Airbender, e aínda que recadou 150 millóns de dólares, Patel foi nomeado nos Premio Golden Raspberry 2014 como o peor actor.[2]

En 2014, participou na serie The Newsroom, durante 25 episodios.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión
Ano Título Papel Notas
2007–2008 Skins Anwar Kharral Personaxe principal
2009 Mister Eleven Camareiro Papel menor
2012-2014 The Newsroom Neal Sampat 25 episodios
Cine
Ano Título Papel Notas
2008 Slumdog Millionaire Jamal Malik Protagonista
2010 The Last Airbender Zuko Antagonista
2012 The Best Exotic Marigold Hotel Sonny Kapoor
About Cherry Andrew
2014 The Road Within Alex
2015 Chappie Deon Wilson
The Second Best Exotic Marigold Hotel Sonny Kapoor
The Man Who Knew Infinity S. Ramanujan
2016 Lion[3] Saroo Brierley
2018 Hotel Mumbai Arjun

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dev Patel". imdb.com. Consultado o 18-08-2018. 
  2. 2,0 2,1 Nosheen, Iqbal (21-02-2015). "Dev Patel: ‘I didn't know what I was getting myself into’". theguardian.com. Consultado o 18-08-2018. 
  3. Arantzazu Ruiz, Paula (27-01-2017). "Lion". play.ara.cat (en catalán). Consultado o 18-08-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]