Saltar ao contido

A dilixencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dilixencia
Imaxe
 Título
Stagecoach Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Actores de dobraxe
Temática
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Custo
531.300 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
2 de marzo de 1939 (Estados Unidos de América)
15 de febreiro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración97 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
Óscar ó mellor actor secundario (11 de febreiro de 1940)
Óscar ó mellor filme (11 de febreiro de 1940)
Óscar ó mellor deseño de produción (11 de febreiro de 1940)
Óscar á mellor montaxe (11 de febreiro de 1940)
Óscar ó mellor director (11 de febreiro de 1940)
Academy Award for Best Cinematography, Black-and-White (en) Traducir (11 de febreiro de 1940)
Óscar á mellor adaptación musical (11 de febreiro de 1940) Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
93/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
100% Rotten Tomatoes (14 de agosto de 2024)
9.3/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF300328600 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-6B86-0000-O-0000-0000-2 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0gt35 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0031971 Filmaffinity: 288500 Allocine: 1834 Rottentomatoes: m/1019774-stagecoach Mojo: stagecoach Allmovie: v46399 TCM: 91227 Metacritic: movie/stagecoach TV.com: movies/stagecoach-1939 Netlix: 70135561 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A dilixencia (en inglés: Stagecoach) é un filme estadounidense do xénero western de 1939, dirixido por John Ford e protagonizada por John Wayne no seu papel revelación. O guión, escrito por Dudley Nichols, é unha adaptación de "The Stage to Lordsburg", relato de 1937 de Ernest Haycox. O filme segue un grupo de descoñecidos nunha dilixencia a través do perigoso territorio apache. A dilixencia foi o primeiro dos moitos westerns que Ford rodou en Monument Valley, no suroeste estadounidense no límite entre Arizona e Utah.

O filme foi recoñecido como unha obra importante que transcende o xénero do western. O filósofo Robert B. Pippin observou que a colección de personaxes e a súa viaxe "son arquetipos máis que simplemente individuos" e que o filme é unha "representación mítica das aspiracións estadounidense cara a unha forma de igualdade politicamente sifnificativa".[1] Con todo, A dilixencia tamén é controvertida, xa que, como en moitos westerns da época, a súa descrición dos Nativos Americanos como simples salvaxes foi criticada como proba clara de racismo.[2]

Foi emitido na TVG o 20 de outubro de 2007.[3]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Nun lugar de Arizona, a "liga polos bos costumes e a decencia" decide expulsar da localidade a Dallas, unha prostituta, e o doutor Josiah Boon, médico borrachón. Ambos son obrigados a subir á dilixencia que ía saír con destino a Lordsburg, Novo México. No vehículo únense Lucy Mallory, muller dun capitán de cabalaría embarazada e que quere reunirse co seu home; Ellsworth Gatewood, un banqueiro que supostamente ten que pechar un negocio (mais que en realidade se apropiou dos cartos do seu bando); Hatfield, antigo soldado confederado que se dedicaba a ser un xogador de vantaxe e pistoleiro, antigo amigo da familia Mallory e que decidiu pórse ao servizo da señora Mallory; e Samuel Peacock, un comerciante de alcohol, que non tarda en ter o doutor Boone como un dos seus mellores amigos.

Chegan dúas noticias antes de que o telégrafo fose cortado polos indios. Unha é que Gerónimo e os seus apaches chiricauas estaban na rexión. A segunda é que o pistoleiro recluso Ringo Kid escapara e había unha forte recompensa pola súa captura. Para lograla, o shériff da cidade, Curly Wilcox, sobe á dilixencia como vixilante, a pesar de que é amigo de Ringo e da súa familia dende cativo. Cando aparece Ringo Kid, ignorando que o shériff vai na dilixencia coa intención de capturalo, para o vehículo para dirixirse cara a Lordsburg, onde viven os irmáns Plummers, responsables da morte de seu pai e seu irmán. A presenza do alguacil fai que ringo se rinda e entregue as armas.

A viaxe continúa, a dilixencia sen escolta vai pasando de posta en posta, mentres a tensión entre as personaxes vai medrando. Nace o amor entre Dallas e Ringo, ignorante da condición desta e o doutor Boone, cada vez máis borracho, bebe as mostras do representante de bebidas alcohólicas.

Bert Glennon (esquerda) e John Ford na rodaxe de A dilixencia

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

A dilixencia foi recoñecido como un dos filmes máis influentes da historia. Orson Welles afirmou que era un exemplo perfecto de cinema e indicou que o vira máis de corenta veces preparando a rodaxe de Cidadán Kane.[4]

O filme gañou dous premios Oscar, ao mellor actor secundario (Thomas Mitchell) e á mellor banda sonora. Ademais tivo outras cinco candidaturas (filme, direcotr, dirección artística, fotografía e montaxe).[5] Ademais, John Ford gañou o premio ao mellor director do New York Film Critics Circle Awards.[6]

Forma parte do AFI's 10 Top 10 na categoría "Western".[7] En 1995 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[8]

  1. Pippins, Robert (2010). Hollywood Westerns and American Myth. New Haven, CT: Yale University Press. pp. 3, 5. ISBN 9780300172065. 
  2. Aleiss, Angela (2005). Making the White Man's Indian: Native Americans and Hollywood Movies. Westport, CT: Praeger. pp. 60. ISBN 9780275983963. 
  3. La Voz de Galicia, 20 de outubro de 2007. Páx. 62
  4. Welles, Orson and Bogdanovich, Peter, This is Orson Welles, Da Capo Press, 1998, pp. 28-29. "After dinner every night for about a month, I'd run Stagecoach.... It was like going to school."
  5. "The 12th Academy Awards (1940) Nominees and Winners" (en inglés). Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  6. Clooney, Nick (novembro de 2002). The Movies That Changed Us: Reflections on the Screen. Nova York: Atria Books. p. 2003. ISBN 0-7434-1043-2. 
  7. "AFI: 10 Top 10" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2017. Consultado o 2 de marzo de 2017. 
  8. "U.S. National Film Registry Titles". U.S. National Film Registry (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]