Paul Thomas Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaul Thomas Anderson

(2007) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Studio City, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVal de San Fernando
Los Angeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
Colexio Montclair Escola Preparatoria
The Buckley School (en) Traducir
Cushing Academy (en) Traducir
Campbell Hall School (en) Traducir
Emerson College (en) Traducir
Santa Monica College
John Thomas Dye School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , director de fotografía , produtor de cinema , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaMaya Rudolph (2001–) Editar o valor em Wikidata
FillosPearl Anderson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000759 Allocine: 35733 Rottentomatoes: celebrity/paul_thomas_anderson Allmovie: p231996 TCM: 351361
Musicbrainz: 03e4599b-6e99-41c4-bb54-94f5f96a9048 Discogs: 1938831 Allmusic: mn0001296008 WikiTree: Anderson-33610 Editar o valor em Wikidata

Paul Thomas Anderson, nado en Studio City, un barrio dos Ánxeles (California) o 26 de xuño de 1970 é un director, guionista e produtor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paul Thomas Anderson naceu en 1970, fillo de Edwina Gough e Ernie Anderson.[1][2] Ernie foi actor de voz e presentador dun programa de terror en Cleveland titulado "Ghoulardi" (que logo daría nome á produtora de Paul Thomas Anderson).[1][2] Anderson creceu no Val de San Fernando.[3] Tivo unha relación complexa coa súa nai, máis estaba próximo ao seu pai, que o apoiou para converterse en guionista e director.[4] Estivo involucrado na creación de cinema e nunca tivo outro plan que ser director.[5] Fixo o seu primeiro filme con oito anos[6] e comezou a gravar vídeos coa cámara Betamax que o seu pai comprou en 1982. Comezou a escribir na adolescencia.

Escribiu e filmou a súa primeira produción real no instituto usando o diñeiro que gañou limpando gaiolas nunha tenda de animais.[7] O filme foi un falso documental de trinta minutos titulado The Dirk Diggler Story (1988), sobre un actor pornográfico inspirado en John Holmes, que foi tamén a inspiración para Boogie Nights.[4]

Anderson pasou dous semestres no Emerson College e dous días na Universidade de Nova York antes de comezar a súa carreira como axudante de produción en telefilmes, vídeos musicais e concursos.[8][9] Con algún diñeiro que gañara en apostas, a tarxeta de crédito da súa moza e 10 000 dólares que o seu pai gardara para a universidade decidiu facer un filme de vinte minutos que sería a súa "universidade".[8] O filme foi Cigarettes & Coffee (1993), que se viu no Festival de Sundance de 1993.

En 1996 realizou a súa primeira longametraxe, Sydney, retitulada como Hard Eight.[4] O filme foi exhibido na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes.[10][11]

O filme que lanzou a Anderson foi Boogie Nights (1997),[7][12] que tamén reviviu a carreira de Burt Reynolds[13][14] e deu os seus primeiros grandes papeis a Mark Wahlberg[15] e Julianne Moore.[16]

Tralo éxito de Boogie Nights, a produtora New Line dixo a Anderson que podía facer o que quixese no seu seguinte filme e deulle o control creativo.[4] A pesra de que inicialmente Anderson quixo facer un filme "pequeno e íntimo", o guión creceu e converteuse no filme coral Magnolia (1999).[17][18] A continuación decidiu que quería traballar con Adam Sandler nun filme de noventa minutos.[12][17] Foi a comedia romántica Punch-Drunk Love (2002), con Emily Watson.

There Will Be Blood (2007) estaba en parte baseado na novela Oil!, de Upton Sinclair[19] e valeulle a Daniel Day-Lewis o Oscar ao mellor actor.[20] The Master (2012) trata sobre un "intelectual carismático" que comeza unha nova relixión na década de 1950.[21] Aínda que o filme non fai ningunha referencia, está "amplamente asumido que está baseado na Ciencioloxía."[22] O seguinte traballo foi Puro vicio (2014), baseada na novela de Thomas Pynchon.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Ano Filme Acreditado como Rotten Tomatoes[23] Metacritic[24]
Director Guionista Produtor
1996 Hard Eight (tamén coñecida como Sydney) Si Si Si Si 83% 78
1997 Boogie Nights Si Si Si Si Si Si 92% 85
1999 Magnolia Si Si Si Si Si Si 84% 77
2002 Punch-Drunk Love Si Si Si Si Si Si 79% 78
2007 There Will Be Blood Si Si Si Si Si Si 91% 92
2012 The Master Si Si Si Si Si Si 85% 86
2014 Puro vicio Si Si Si Si Si Si 72% 81
2017 Phantom Thread Si Si Si Si Si Si
Media 84% 82

Documentais[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • The Dirk Diggler Story (1988)
  • Cigarettes & Coffee (1993)
  • Flagpole Special (1998)
  • Couch (2002)

Vídeos musicais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. p. 84. ISBN 978-0-06-054017-3. 
  2. 2,0 2,1 Luttermoser, John (5 de abril de 2008). "'There Will Be Blood' comes out on video Tuesday". Cleveland.com. Cleveland Live, Inc. Consultado o 28 de setembro de 2010. 
  3. Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. ISBN 978-0-06-054017-3. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Hirshberg, Lynn (19 de decembro de 1999). "His Way". The New York Times (The New York Times Company). Consultado o February 10, 2010. 
  5. Johnston, Robert K. (2004). Useless Beauty: Ecclesiastes Through The Lens Of Contemporary Film. Baker Academic. pp. 73–74. ISBN 978-0-8010-2785-7. 
  6. Hirschberg, Lynn (5 de xuño de 2013). "The Master Director: Paul Thomas Anderson". PORT Magazine. Consultado o 8 de xuño de 2013. 
  7. 7,0 7,1 "The Minor Works of Paul Thomas Anderson". Slate. Graham Holdings Company. 13 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2014. Consultado o 28 de maio de 2014. 
  8. 8,0 8,1 Ebert, Roger (19 de outubro de 1997). "Director's talent makes 'Boogie' fever infectious". rogerebert.com. Chicago Sun-Times. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de maio de 2011. 
  9. Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. p. 86. ISBN 978-0-06-054017-3. 
  10. Waxman, Sharon R. (2005). Rebels on the backlot: six maverick directors and how they conquered the Hollywood studio system. HarperCollins. ISBN 978-0-06-054017-3. 
  11. "Festival de Cannes: Hard Eight". Festival-Cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o September 20, 2009. 
  12. 12,0 12,1 Pilkington, Ed (4 de xaneiro de 2008). "'Tell the story! Tell the story!'". The Guardian. Guardian Media Group. Consultado o 9 de marzo de 2011. 
  13. Kennedy, Helen (19 de xaneiro de 1998). "'TITANIC' FLOATS THEIR BOATS WINS GOLDEN GLOBES FOR DRAMA, DIRECTOR". NYDailyNews.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2023. Consultado o August 23, 2010. 
  14. Corliss, Richard (17 de decembro de 2008). "Burt Reynolds, Boogie Nights". Time.com (Time Inc.). Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  15. Travers, Peter (10 de outubro de 1997). "Boogie Nights". RollingStone.com. Jann Wenner. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  16. Reid, Joe (1 de marzo de 2010). "Julianne Moore Returning to As the World Turns". SOAPnet.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  17. 17,0 17,1 Patterson, John (10 de marzo de 2000). "Magnolia Maniac". guardian.co.uk. Guardian News and Media Limited. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  18. Schickel, Richard (27 de decembro de 1999). "Cinema: Magnolia". Time.com (Time Inc.). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  19. Goodwin, Christopher (25 de novembro de 2007). "Daniel Day-Lewis Gives Blood, Sweat and Tears". The Sunday Times. Times Newspapers Ltd. Consultado o 21 de decembro de 2009. 
  20. "Oscars Ceremonies 2008". Oscars.org. Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  21. Fleming, Michael (2 de decembro de 2009). "Anderson working on 'Master'". Variety. Reed Business Information. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2009. 
  22. Pilkington, Ed (26 de abril de 2011). "Church of Scientology snaps up Hollywood film studio". The Guardian. Guardian News and Media Limited. Consultado o 9 de marzo de 2011. 
  23. Flixter (ed.). "Paul Thomas Anderson". Rotten Tomatoes. Consultado o 25 de abril de 2015. 
  24. CBS Interactive (ed.). "Paul Thomas Anderson". Metacritic. Consultado o 25 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]