Saltar ao contido

A Dance with Dragons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Dance with Dragons
Título orixinalA Dance with Dragons
Autor/aGeorge R. R. Martin
CubertaLarry Rostant
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
ColecciónA Song of Ice and Fire
Xénero(s)Fantasía
EditorialVoyager Books (RU)
Bantam Spectra (USA)
Data de pub.12 de xullo de 2011 (USA, RU)
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas1040 (Tapas duras de USA)
ISBNISBN 0-553-80147-3 (978-0553801477)
Precedido porA Feast for Crows
Seguido porThe Winds of Winter
Premios
Na rede
editar datos en Wikidata ]

A Dance with Dragons é a quinta novela da serie de fantasía épica A Song of Ice and Fire, obra do autor estadounidense George R. R. Martin. Nalgunhas áreas a edición de tapas brandas foi publicada en dúas partes tituladas Dreams and Dust e After the Feast.

A Dance with Dragons foi orixinalmente concibido como o título da segunda novela da serie, cando Martin aínda entendía a serie como unha triloxía. Algunhas edicións vellas estadounidenses de A Game of Thrones (1996) listaban A Dance of Dragons como segundo volume por estrear. A antoloxía de 1998 Legends, que trata da novela The Hedge Knight do universo A Song of Ice and Fire, lista A Dance of Dragons como o quinto da serie. Ó igual que os catro libros anteriores, o libro inclúe un longo apéndice, co que o volume acada un total de 1 040 páxinas.

O 3 de marzo de 2011, a marca de publicacións Bantam Spectra anunciou que a novela se estrearía o 12 de xullo de 2011.[1] Martin entregou o manuscrito ó seu editor o 27 de abril de 2011;[2] malia que no 2006, Martin fixo capítulos de mostra dispoñible na súa páxina web[3][4][5] e en Amazon.co.uk.[6] Ademais, a filial alemá de Amazon.com (Amazon.de) divulgou un 180 copias dúas semanas antes por erro.[7] A edición americana de tapas brandas foi oficialmente publicada o 12 de xullo de 2011, con 6 edicións impresas (en total máis de 650 000 exemplares); 298 000 copias en formato impreso, dixital e en son foron vendidas só o primeiro día, converténdoo no máis vendido no 2011. O libro foi o segundo da súa serie en debutar no número #1 da lista de New York Times dos máis vendidos.[8] Unhas poucas semanas após a súa publicación, A Dance With Dragons pasou a ser o número #1 nas listas de máis vendidos de Publisher's Weekly e USA Today.

  1. Hibberd, James (3 de marzo de 2011). "Huge Game of Thrones news: Dance With Dragons publication date revealed! – EXCLUSIVE". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2011. 
  2. Groell, Anne (27 de abril de 2011). "Yes, it IS done, Really". Suvudu. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2013. Consultado o 27 de abril de 2011. 
  3. "Excerpt from A Dance with Dragons: Tyrion". Not A Blog. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2006. Consultado o 7 de novembro de 2006. 
  4. "Excerpt from A Dance with Dragons: Daenerys". Not A Blog. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2007. Consultado o 28 de novembro de 2007. 
  5. "Excerpt from A Dance with Dragons: Jon". Not A Blog. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2008. Consultado o 1 de maio de 2008. 
  6. "An extract from George R R Martin's A Dance with Dragons: Theon". Amazon.co.uk. Consultado o 2 de marzo de 2010. 
  7. "Amazon Screws the Pooch". Not A Blog. 29 de xuño de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2011. 
  8. "New York Times bestseller list". The New York Times. NYTimes.com. Consultado o 24 de xullo de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]