Game of Thrones (tempada 6)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sexta tempada de Game of Thrones
Tempada de Game of Thrones
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios10
Emisión
Canle orixinalHBO
Emisión orixinal24 de abril de 2016- 26 de xuño de 2016
Cronoloxía
Game of Thrones (temporada 5) Sexta tempada de Game of Thrones Game of Thrones (temporada 7)

A sexta tempada da serie de televisión Game of Thrones foi confirmada pola HBO o 8 de abril de 2014, xunto coa quinta tempada, e estreouse o 24 de abril de 2016 na canle HBO.[1][2] A tempada está composta case totalmente por contido orixinal que non aparece na serie A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin, pero tamén adapta material da sexta novela The Winds of Winter, e das anteriores A Feast for Crows e A Dance with Dragons.[3][4]

A rodaxe realizouse principalmente en Irlanda do Norte, España, Croacia, Islandia e o Canadá, cun orzamento para cada episodio de $10 millóns. A crítica louvou os valores da produción e a escolla de actores. A audiencia medrou con relación á tempada anterior. Con esta tempada, Game of Thrones recibiu o maior número de nomeamentos ós Premios Emmy, cun total de 23.[5]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Peter Dinklage (Tyrion Lannister).
Nikolaj Coster-Waldau (Jaime Lannister).
Lena Headey (Cersei Lannister).
Maisie Williams (Arya Stark).
Kit Harington
(Jon Snow).
Sophie Turner (Sansa Stark).
Iwan Rheon (Ramsay Bolton).
Emilia Clarke (Daenerys Targaryen).

Elenco principal[editar | editar a fonte]

Elenco convidado[editar | editar a fonte]

Os actores secundarios recollidos aquí son os que aparecen na tempada 6. Amósanse listados pola rexión na que apareceron primeiro.

Ademais, os membros da banda islandesa Of Monsters and Men aparecen como os músicos do grupo de teatro de Braavos.[44]

Episodios[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título[45] Director(es) Guionista(s) Data de estrea Audiencia en EE. UU. (millóns)
511 "The Red Woman"
«A muller vermella»
Jeremy PodeswaDavid Benioff e D. B. Weiss24 de abril de 20167,944[46]

Daenerys é levada cos dothraki. Jaime Lannister chega a Desembarco do Rei coa súa filla morta. Sansa consegue fuxir de Ramsay Bolton grazas a Brienne de Tarth 

522 "Home"
«A casa»
Jeremy PodeswaDave Hill1 de maio de 20167,286[47]

Bran adestra co Corvo de tres ollos empregando os seus poderes para ver o pasado. En Desembarco do Rei, Jaime aconsella a Tommen. Tyrion esixe boas novas, pero dependerá del tomar decisións díficiles como a busca de alianza entre Meereen e o resto de pobos. No Castelo Negro, a Garda da Noite demostra a súa lealdade a Thorne esixindo o corpo de Jon. Ramsay argalla un novo plan, atacar o Castelo Negro. 

533 "Oathbreaker"
«Rompexuramentos»
Dan SackheimDavid Benioff e D. B. Weiss8 de maio de 20167,281[48]

Daenerys faille fronte ó seu futuro no khalasar, mentres que Bran ten que afrontar o pasado, vendo lembranzas do seu pai. Tommen confronta ó Pardal Supremo sobre o encarceramento de Margaery. Arya intensifica o seu adestramento para converterse en "Ninguén" mediante combates coa Nena Abandonada. Varys obtén a resposta que agardaba convencendo a unha prostituta da vila con seguridade. Ramsay recibe un agasallo, unha testa de lobo con Rickon Stark e Osha de parte dos Umber. 

544 "Book of the Stranger"
«Libro do descoñecido»
Dan SackheimDavid Benioff e D. B. Weiss15 de maio de 20167,822[49]

Tyrion chega a un acordo cos escravistas. Jorah e Daario enfróntanse a unha tarefa difícil, ceibar a Daenerys dos Dothraki. Jaime e Cersei intentan mellorar a súa situación. 

555 "The Door"
«O portón»
Jack BenderDavid Benioff e D. B. Weiss22 de maio de 20167,890[50]

Tyrion busca unha estraña alianza. Bran descobre un gran suceso en relación á creación dos outros, creando a Hodor no camiño. Brienne diríxese cara a unha misión na busca do Pez Negro. Arya recibe unha oportunidad de amosar a súa valía, mandada a matar a unha actriz que fai de Cersei nunha obra de teatro. 

566 "Blood of My Blood"
«Sangue do meu sangue»
Jack BenderBryan Cogman29 de maio de 20166,710[51]

Un antigo inimigo reaparece en escena. Gilly reúnese coa familia de Sam. Arya enfróntase a unha decisión difícil. Jaime confronta ó Pardal Supremo. 

577 "The Broken Man"
«O home esnaquizado»
Mark MylodBryan Cogman5 de xuño de 20167,801[52]

O Pardal Supremo ten un novo obxectivo, mentres Jaime enfronta a un heroe e Arya argalla un plan. Namentres, o Norte lembra. 

588 "No One"
«Ninguén»
Mark MylodDavid Benioff e D. B. Weiss12 de xuño de 20167,600[53]

Mentres Jaime sopesa as súas opcións, Cersei responde a un pedido. O plan de Tyrion rende os seus froitos. Arya enfronta unha nova proba. 

599 "Battle of the Bastards"
«A batalla dos bastardos»
Miguel SapochnikDavid Benioff e D. B. Weiss19 de xuño de 20167,660

Jon Snow e Ramsay Bolton enfróntanse na "batalla dos bastardos" por Invernalia, resultando na derrota de Ramsay grazas á oportuna intervención do exército da casa Arryn comandado por Petyr Baelish. Daenerys emprega os seus dragóns para derrotar ós escravistas e queda cos seus barcos. O exército dothrakii baixo o mando de Daenerys derrota ós fillos da harpía, Theon Greyjoy e a súa irmá únense a Daenerys poñendo á súa dispoción a súa frota de barcos. 

6010 "The Winds of Winter"
«Ventos de inverno»
Miguel SapochnikDavid Benioff e D. B. Weiss26 de xuño de 20168,889

Cersei Lannister destrúe con lume valyrio ó Pardal Supremo e á xente que estaba no xuízo, recuperando o Trono de Ferro por mor do suicidio do seu fillo Tommen. Jon Snow e Sansa Stark reúnen as forzas do norte e prepáranse para o invierno. Arya Stark finalmente consegue acabar coa vida de Walder Frey. Daenerys Targaryen emprende o seu camiño cara a Desembarco do Rei cunha inmensa frota de barcos, xunto co seu exército, os seus dragóns e Tyrion Lannister como "Man da Raíña". 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Roots, Kimberly (7 de xaneiro de 2016). TVLine, ed. "Game of Thrones Season 6 Premiere Date Revealed". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2017. Consultado o 7 de xaneiro de 2016. 
  2. Goldman, Eric (8 de abril de 2014). IGN, ed. "Game of Thrones Renewed for Season 5 and Season 6". Consultado o 8 de abril de 2014. 
  3. Noble, Matt (18 de agosto de 2015). GoldDerby, ed. "'Game of Thrones' director Jeremy Podeswa dishes Jon Snow death, teases season six (Exclusive Video)". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2015. 
  4. Fleming Jr., Mike (28 de xuño de 2016). Deadline, ed. "‘Game Of Thrones’ David Benioff & D.B. Weiss On Shocking Season 6 Finale". Consultado o 29 de xuño de 2016. 
  5. Prudom, Laura (14 de xullo de 2016). Variety, ed. "‘Game of Thrones’ Rules 2016 Emmy Race With 23 Nominations". Consultado o 14 de xullo de 2016. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 6,17 6,18 6,19 6,20 6,21 6,22 6,23 6,24 6,25 6,26 HBO, ed. (7 de abril de 2016). "Emmy(R)- and Golden Globe-Winning HBO Series "Game of Thrones" Returns for Sixth Season April 24". Consultado o 25 de abril de 2016. 
  7. Lukowski, Andrzej (4 de marzo de 2016). Time Out London, ed. "Kit Harington tells us Jon Snow will return in ‘Game of Thrones’ season 6...". Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  8. Wigler, Josh (11 de abril de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "'Game of Thrones': Kit Harington Remains in Season 6 Opening Credits". Consultado o 11 de abril de 2016. 
  9. Couch, Aaron (10 de xullo de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "Comic-Con: 'Game of Thrones' Stars Talk Jon Snow Theories, Rape Controversy". Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Wigler, Josh (24 de abril de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "'Game of Thrones' Season 6 Premiere: 'The Red Woman' Reveals An Ancient Secret". Consultado o 25 de abril de 2016. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Robinson, Joanna (30 de setembro de 2015). Vanity Fair, ed. "Game of Thrones: Everything We Know About the Season 6 Cast". Consultado o 15 de marzo de 2016. 
  12. Gajewski, Ryan (8 de abril de 2016). Us Weekly, ed. "Davos Defends Dead Jon Snow in New ‘Game of Thrones’ Clip". Consultado o 13 de abril de 2016. 
  13. D, Léa (31 de agosto de 2015). Melty.com, ed. "Game of Thrones Season 6: Lord Karstark and Smalljon Umber to appear". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2015. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  14. Rich, Katey (8 de abril de 2016). Vanity Fair, ed. "Jon Snow’s Corpse and Davos’s Sword Take Center Stage in New Game of Thrones Clip". Consultado o 20 de abril de 2016. 
  15. Cashin, Rory (25 de novembro de 2015). Newstalk.com, ed. ""Trying to keep that secret was like I really did murder somebody". Exclusive interview with Game Of Thrones actor Brian Fortune". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2019. Consultado o 13 de abril de 2016. 
  16. Hibberd, James (3 de agosto de 2015). Entertainment Weekly, ed. "Game of Thrones recasts Three-Eyed Raven with Exorcist star". Consultado o 3 de agosto de 2015. 
  17. Shepard, Jack (17 de febreiro de 2016). The Independent, ed. "Game of Thrones season 6: Are Meera and Jon Snow related? Ellie Kendrick is unsure but would 'love it to be true'". Consultado o 15 de marzo de 2016. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 Hibberd, James (8 de marzo de 2016). Entertainment Weekly, ed. "Game of Thrones season 6 trailer is finally here". Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  19. 19,0 19,1 Hibberd, James (11 de abril de 2016). Entertainment Weekly, ed. "Game of Thrones new season 6 trailer released: Most epic yet". Consultado o 11 de abril de 2016. 
  20. Shepherd, Jack (19 de outubro de 2015). The Independent, ed. "Game of Thrones season 6: Brynden 'The Blackfish' Tully returning for Siege of Riverrun storyline". Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  21. Debnath, Neela (21 de outubro de 2015). Daily Express, ed. "Game of Thrones season 6 spoilers: Edmure Tully returning in Riverrun storyline". Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  22. Stolworthy, Jacob (18 de abril de 2016). The Independent, ed. "Game of Thrones season 6: Character last seen in season 3 to make return". Consultado o 26 de abril de 2016. 
  23. Bundel, Ani (19 de abril de 2016). Winteriscoming.net, ed. "Game of Thrones recasts a villain from Season 3". Consultado o 20 de abril de 2016. 
  24. Garofalo, Alex (23 de xullo de 2015). International Business Times, ed. "'Game Of Thrones' Season 6 Spoilers: Ricky Champ Joins Cast As New Character Amid Jon Snow Buzz". Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  25. Denham, Jess (21 de xullo de 2015). The Independent, ed. "Game of Thrones season 6: Yara Greyjoy returns as actress Gemma Whelan spotted in Belfast". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  26. 26,0 26,1 26,2 Making Game of Thrones.com, ed. (11 de febreiro de 2016). "See Exclusive Pictures From Season 6". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  27. Dornbush, Jonathon (2 de setembro de 2015). Entertainment Weekly, ed. "Game of Thrones adds Lucy actor to play Euron Greyjoy". Consultado o 2 de setembro de 2015. 
  28. 28,0 28,1 Patten, Dominic (24 de abril de 2016). Deadline.com, ed. "‘Game Of Thrones’ Season 6 Opener Brings Reunions, Rescues, [Spoilers] & Revenge". Consultado o 25 de abril de 2016. 
  29. 29,0 29,1 29,2 Schwartz, Terri (7 de setembro de 2015). Zap2it, ed. "‘Game of Thrones’: DeObia Oparei thinks people should be concerned about Trystane". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2016. Consultado o 20 de abril de 2016. 
  30. Vivarelli, Nick (5 de outubro de 2015). Variety, ed. "‘Game of Thrones’ Star Rosabell Laurenti Sellers on Transition From Rome to London". Consultado o 15 de marzo de 2016. 
  31. Vineyard, Jennifer (4 de abril de 2016). Vulture, ed. "Game of Thrones’s Julian Glover on Playing Pycelle, Auditioning for Dumbledore, and What He Won’t Do on HBO". Consultado o 26 de abril de 2016. 
  32. Hibberd, James (12 de abril de 2016). Entertainment Weekly, ed. "Game of Thrones Finn Jones: Ser Loras being treated 'very badly'". Consultado o 25 de abril de 2016. 
  33. Trivedi, Sachin (9 de setembro de 2015). International Business Times, ed. "Olenna to Confront Mace Tyrell". Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  34. Trivedi, Sachin (17 de agosto de 2015). International Business Times, ed. "‘Game of Thrones’ Season 6 production update and Kristian Nairn on what 'Hodor' could mean". Consultado o 17 de agosto de 2015. 
  35. Wigler, Josh (12 de febreiro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "What HBO's New 'Game of Thrones' Photos Reveal About Season 6". Consultado o 25 de abril de 2016. 
  36. Wigler, Josh (22 de marzo de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "'Game of Thrones': Season 6 Is In for a Mountain of Trouble". Consultado o 27 de abril de 2016. 
  37. YouTube, ed. (17 de xuño de 2015). "Game of Thrones Season 5 & 6 Yohn Royce Interview - Rupert Vansittart". Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  38. Hibberd, James (8 de setembro de 2015). Entertainment Weekly, ed. "Game of Thrones casts Richard E. Grant in mystery role". Consultado o 8 de setembro de 2015. 
  39. Robinson, Joanna (11 de setembro de 2015). Vanity Fair, ed. "Game of Thrones Casts Babadook Star Essie Davis to Play Queen Cersei . . . Kinda [Updated]". Consultado o 12 de setembro de 2015. 
  40. Hooton, Christopher (14 de setembro de 2015). The Independent, ed. "Game of Thrones season 6: Brass Eye’s Kevin Eldon joins Richard E. Grant’s ‘theatre troupe’". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2015. 
  41. HBO, ed. (24 de abril de 2016). "Game of Thrones Season 6: Episode #1 – A Widow's Future (HBO)". Consultado o 25 de abril de 2016. 
  42. Robinson, Joanna (22 de abril de 2016). Vanity Fair, ed. "Game of Thrones: A Guide to Recognizing the Hunky Dothraki of Season 6". Consultado o 26 de abril de 2016. 
  43. Lincoln, Ross A. (30 de setembro de 2015). Deadline.com, ed. "Robert Aramayo Nabs Roles In ‘Game Of Thrones’ & ‘Nocturnal Animals’". Consultado o 30 de setembro de 2015. 
  44. Calia, Michael (22 de maio de 2016). The Wall Street Journal, ed. "Music on TV: Inside Of Monsters and Men’s Cameo on ‘Game of Thrones’". Consultado o 28 de xuño de 2016. 
  45. "Schedule results for Game of thrones" (en inglés). HBO. Consultado o 30 de marzo de 2014. 
  46. Porter, Rick (26 de abril de 2016). "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ opens slightly lower, still dominant" (en inglés). TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016. 
  47. Porter, Rick (3 de maio de 2016). "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ slips, ‘Kardashians’ premiere steady" (en inglés). TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016. 
  48. Porter, Rick (10 de maio de 2016). "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ (very) steady with episode 3" (en inglés). TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016. 
  49. Porter, Rick (17 de maio de 2016). "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ rises, ‘Fear the Walking Dead’ falls" (en inglés). TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016. 
  50. Porter, Rick (24 de maio de 2016). "Sunday cable ratings: ‘Preacher’ has decent debut, ‘Game of Thrones’ ties season high" (en inglés). TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016. 
  51. Porter, Rick (1 de xuño de 2016). "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ hits season low on Memorial Day weekend" (en inglés). TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016. 
  52. Porter, Rick (7 de xuño de 2016). "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ back to usual numbers, ‘Preacher’ holds up" (en inglés). TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2016. 
  53. Porter, Rick (14 de xuño de 2016). "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ and ‘Silicon Valley’ hold steady" (en inglés). TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2016.