Game of Thrones (tempada 8)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Oitava tempada de Game of Thrones
Tempada de Game of Thrones
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios6
Emisión
Canle orixinalHBO
Emisión orixinal14 de abril de 2019- 19 de maio de 2019
Cronoloxía
Game of Thrones (tempada 7) Oitava tempada de Game of Thrones -

A oitava e derradeira tempada da serie de televisión de drama e fantasía Game of Thrones estreouse en HBO o 14 de abril de 2019. A rodaxe da mesma comezou oficialmente o 23 de outubro de 2017 e rematou en xullo de 2018.

Ó contrario que as primeiras seis tempadas, que tiñan dez episodios cada unha, e da sétima tempada que tiña sete episodios, a oitava só ten seis. Ó igual que a tempada anterior, gran parte do contido orixinal non se atopa na saga A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin e é unha adaptación das revelacións de Martin ó equipo de rodaxe de da serie sobre o contido das seguintes novela de Martin, The Winds of Winter e A Dream of Spring. A tempada foi adaptada para a televisión por David Benioff e D. B. Weiss.

Episodios[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título Director(es) Guionista(s) Data de estrea Audiencia en EE. UU. (millóns)
681 "Winterfell"
«Winterfell»
David NutterDave Hill14 de abril de 201911,76[1]

Ó chegar a Winterfell cos seus exércitos combinados, Jon e Daenerys descobren que os Camiñantes Brancos atravesaron o Muro e que o Rei da Noite manda o Viserion non morto. En resposta, os señores do Norte e os seus aliados reúnense arredor de Winterfell, mais desconfían de Daenerys e dubidan da promesa de Cersei de enviar reforzos. En King's Landing, Euron regresa de Essos coa Golden Company e incita a Cersei a manter relacións sexuais. Namentres, Qyburn, actuando por orde de Cersei, contrata a Bronn para asasinar a Tyrion e Jaime. Theon rescata a Yara, que zarpa para retomar as Illas do Ferro. Theon logo marcha cara a Winterfell para axudar a combater o Exército dos Mortos. En Winterfell, Jon reúnese con Bran e Arya, e, co alento de Daenerys, aprende a montar a Rhaegal. Despois de saber que Daenerys executou ó seu pai e ó seu irmán, Sam cóntalle a Jon a súa verdadeira identidade. Tormund e Beric, que sobreviviron á destrución do Muro, descobren a Edd e varios sobrevivintes da Night's Watch na sede de Last Umth da Casa Umber, encontrando ocupantes mortos e unha mensaxe do Rei da Noite. O día seguinte, Jaime chega a Winterfell e atópase con Bran. 

692 "A Knight of the Seven Kingdoms"
«Un cabaleiro dos Sete Reinos»
David NutterBryan Cogman21 de abril de 201910,29[2]

Jaime revela o engano de Cersei á alianza Targaryen-Stark e, malia a desconfianza de Danerys e Sansa, únese ás súas forzas logo de que Brienne o respalde. Máis tarde, Jaime discúlpase con Bran por telo paralizado, e Bran afirma que non está anoxado e que xa non son as persoas que algunha vez foron. Tyrion perde o favor de Daenerys polos seus erros, o que fai que Jorah lle pida que o perdoe. Daenerys tenta gañar a confianza de Sansa a través do seu amor mutuo por Jon, mais non ofrece ningunha garantía sobre o destino do Norte. Theon, Edd, Tormund e Beric chegan a Winterfell, e os tres últimos traen novas da caída da Casa Umber. Todo o mundo acepta a regañadentes a suxestión de Bran de que atraiga ó Rei da Noite, que ten a intención de eliminar o Corvo de tres ollos. Gendry remata unha arma especial para Arya, quen despois o seduce. Tyrion, Jaime, Davos, Brienne, Podrick e Tormund comparten unha bebida, durante a cal Jaime nomea cabaleiro a Brienne. Jorah non logra disuadir a Lyanna Mormont de pelexar e recibe a espada da casa Tarley de Sam. Cando o Exército dos Mortos se achega a Winterfell, Daenerys encontra a Jon na tumba de Lyanna Stark e descobre a súa liñaxe e dereito ó Trono de Ferro. 

703 "The Long Night"
«A longa noite»
Miguel SapochnikDavid Benioff e D. B. Weiss28 de abril de 201912,02[3]

O exército dos vivos atópase co exército dos mortos fóra do Winterfell, pero son rapidamente abrumados polos números superiores dos mortos. O exército de dothraki é destruído en poucos minutos, e Edd morre logo de salvar a Sam. A vida apágase no castelo mentres que Melisandre lanza a súa maxia para acender unha barreira protectora de lume que rodea Winterfell para atrasar a horda que avanzaba. Montando a Rhaegal e Drogon, Jon e Daenerys perseguen ó Rei da Noite, que monta en Viserion. Os soldados mortos rompen a trincheira de lume e atacan a Winterfell, escalando as súas paredes. Os defensores están abrumados e dispersos, morrendo Lyanna Mormont e Beric na contenda. Melisandre axuda a Arya a comprender o seu destino. Durante o combate aéreo, Jon e Rhaegal derrotan ó Rei da Noite, que cae ó chan onde Daenerys ordena a Drogon que o queime, pero sen efecto. O Rei da Noite esperta os defensores mortos de Winterfell, incluíndo os mortos Starks sepultados na cripta que atacan ós civís refuxiados. Daenerys salva a Jon despois de que Rhaegal sexa forzado a aterrar, pero Drogon vese obrigado a fuxir por mor dos soldados mortos; Jorah morre defendéndoa. O Rei da Noite chega até Bran, e mata a Theon despois de que el tentase protexese a Bran. Arya salta sobre o Rei da Noite, que a colle pola gorxa, mais Arya conseguele acoitelalo co seu puñal de aceiro valyrio. O Rei da Noite e os seus camiñantes brancos desintégranse, e Viserion e o Exército dos Mortos caen. Co seu propósito servido, Melisandre sae de Winterfell e, retirando o seu colar protector, morre por mor da súa avanzada idade. 

714 "The Last of the Starks"
«O derradeiro dos Stark»
David NutterDavid Benioff e D. B. Weiss5 de maio de 201911,80[4]

Os sobreviventes choran os seus mortos, queimándoos en piras funerarias. Daenerys lexitima a Gendry como Baratheon, e noméao señor de Storm's End. Arya rexeita a proposta de matrimonio de Gendry. Jaime e Brienne convértense en amantes. Para protexer a súa posición como raíña, Daenerys quere que Jon agoche a súa verdadeira identidade. Bronn chega para matar a Jaime e Tyrion por Cersei, pero non o fai en troques de Highgarden. Daenerys quere atacar de inmediato King's Landing, pero o seu consello de guerra non está de acordo. Jon revela a súa ascendencia Targaryen a Sansa e Arya, que xuran gardarlo en segredo. Querendo a Jon como rei, Sansa dillo a Tyrion, quen informa a Varys. Arya deixa Winterfell e únese a Clegane, en dirección ó sur. Tormund dille a Jon que el e os salvaxes volverán ó norte e Jon pídelle que leve a Ghost canda el. Daenerys e a súa frota zarparon para King's Landing, mentres que Jon lidera o exército do Norte. A mariña de Euron Greyjoy embosca a frota en Dragonstone, matando a Rhaegal cunha arma "escorpión" máis poderosa e capturando a Missandei. Daenerys considera apoderarse de King's Landing usando o lume do seu dragón. Varys e Tyrion debaten se Jon ou Daenerys son mellores gobernantes. Jaime diríxese a King's Landing despois do ataque de Cersei. Cersei rexeita a demanda de Daenerys de renderse e fai que Missandei sexa decapitada pola Montaña, o que anoxa a Daenerys. 

725 "The Bells"
«As campás»
Miguel SapochnikDavid Benioff e D. B. Weiss12 de maio de 201912,48[5]

Varys quere que Jon tome o Trono de Ferro mais Jon rexeita traizoar a Daenerys. Logo de que Tyrion a informase sobre o plan de Varys, ela fai que Drogon queime a Varys. Daenerys proponse incinerar King's Landing, mais Tyrion conspira con Jaime para render a cidade se Jaime pode convencer a Cersei de abdicar e fuxir en segredo. Como Jaime, Arya e Sandor infíltranse en King's Landing, e Daenerys fai que Drogon destrúa os escorpións, a Frota de Ferro e a Compañía Dourada, permitindo ó seu exército entrar na cidade. As forzas Lannister vense superadas e réndense pero unha Daenerys anoxada ataca a cidade con Drogon, queimando indiscriminadamente soldados e civís. O éxercito atacante segue o seu liderado, masacrando a cidade ó seu paso mentres horroriza a Tyrion e a Jon. Despois de entrar na Fortaleza Vermella, Jaime asasina a Euron Greyjoy, mais é ferido mortalmente. Sandor Clegane e Arya deciden non asasinar a Cersei, e o primeiro encóntrase co seu irmán Gregor, quen mata a Qyburn. Ámbolos dous loitan con fiereza, e os irmáns morren xuntos logo de caer nas lapas. Cersei e Jaime reúnense e foxen, mais os túneles de escape están destruídos bloqueando a súa fuxida. Jon chama retirada mentres os civís morren e King's Landing desaparece nas chamas. Arya, no medio da destrución, apenas consegue escapar da cidade con vida. 

736 "The Iron Throne"
«O trono de ferro»
David Benioff e D. B. WeissDavid Benioff e D. B. Weiss19 de maio de 201913,61[6]

Logo de que King's Landing fose destruída, Grey Worm executa tódolos soldados capturados por orde de Daenerys. Tyrion encontra a Jaime e a Cersei nas ruínas da fortaleza. Daenerys arenga ós Inmaculados e ós dothraki, declarando que ela liberará o mundo enteiro. Denunciando a tiranía de Daenerys, Tyrion rexeita o seu cargo como Man, sendo encarcerado por traizón e agardando a execución. Temendo que Daenerys acabe con Jon e Sansa, Arya e Tyrion dinlle a Jon que o destino de Westeros está nas súas mans. Jon encóntrase con Daenerys, pero ó non poder seguir o seu camiño de tiranía, asasínaa. Doído pola súa morte, Drogon derrete o Trono de Ferro e leva o corpo dela canda si. Tyrion é liberado e alenta a que os futuros monarcas sexan elixidos polos aristócratas de Westeros, no canto de facelo por sucesión familiar. Agás Sansa, que mantén a independencia do Norte, os líderes de Westeros proclaman a Bran Stark de xeito unánime como Bran the Broken, Gobernante dos Seis Reinos. Bran nomea a Tyrion como a súa Man e sentencia a Jon a unirse á Garda da Noite para aplacar ós seguidores de Daenerys. Grey Worm e os Inmaculados parten cara a Naath. Tyrion reorganiza o Consello do Rei con Brienne, Bronn, Davos e Sam para reconstruír King's Landing. Sansa é coroada Raíña do Norte. Arya embárcase a explorar o oeste de Westeros. En Castle Black, Jon únese a Tormund e a Ghost, acompañando ós salvaxes ó norte do Muro. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Welch, Alex (16 de abril de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ season 8 premiere hits new series high". Consultado o 16 de abril de 2019. 
  2. Welch, Alex (23 de abril de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: ‘Game of Thrones’ slips, ‘Barry’ hits another high". Consultado o 23 de abril de 2019. 
  3. Welch, Alex (30 de abril de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: 'Game of Thrones' rises to another series high". Consultado o 30 de abril de 2019. 
  4. Welch, Alex (7 de maio de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: 'Game of Thrones' stays high, 'Barry' dips". Consultado o 7 de maio de 2019. 
  5. Metcalf, Mitch (14 de maio de 2019). Showbuzz Daily, ed. "SHOWBUZZDAILY’s Top 150 Sunday Cable Originals & Network Finals: 5.12.2019". Consultado o 14 de maio de 2019. 
  6. Welch, Alex (21 de maio de 2019). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: 'Game of Thrones' series finale sets new records". Consultado o 21 de maio de 2019.