Lingua dothraki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lingua dothraki
Lekh Dothraki
Pronuncia:[ˈd̪ɤ.θɾa.ki]
Creado por: David J. Peterson, George R. R. Martin2009
Emprego e uso: A Song of Ice and Fire (1996– )
Game of Thrones (2011– )
Total de falantes:
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Linguas ficticias
  Lingua dothraki
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2:

A lingua dothraki é unha lingua ficticia das novelas de fantasía de George R. R. MartinA Song of Ice and Fire e a súa adaptación á serie de televisión Game of Thrones. É falada polo pobo ficticio dothraki, os habitantes nómades do mar dothraki. A lingua foi desenvolvida para a serie de televisión polo lingüista David J. Peterson,[1] a partir de palabras e frases dothrakis presentes nas novelas de Martin.

En setembro de 2011, a lingua abranguía 3163 verbas,[2] que daquela aínda non foran feitas públicas. En 2012, 146 nenas acabadas de nacer nos Estados Unidos foi chamadas "Khaleesi", o termo dothraki para a muller dun khal ou gobernante, que é o título adoptado na serie pola personaxe de Daenerys Targaryen.[3] O dothraki e o valyrio foron descritos como "as linguas ficticias máis convincentes dende o élfico".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The New York Times Upfront, ed. (30 de xaneiro de 2012). "Do you speak Dothraki?". 
  2. "The Header Script". Dothraki.com. 21 de setembro de 2011. Consultado o 3 de outubro de 2011. 
  3. Wattenberg, Laura (22 de maio de 2013). "The Ultimate 'Game of Thrones' Baby Name". Huffington Post. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  4. The Economist (ed.). "The complex linguistic universe of “Game of Thrones”". Consultado o 4 de agosto de 2017.