Nas novelas, o alto valyrio e as linguas descendentes dela son mencionadas a miúdo, pero non están desenvolvidas alén dunhas poucas palabras. Para a serie de televisión, o lingüista David J. Peterson creou o alto valyrio, así como os seus derivados, o astapori e o valyrio de Meereen, e que están baseados en fragmentos recollidos nas novelas.[1] O valyrio, xunto co dothraki, foron descritos como "as linguas ficticias máis convincentes dende o élfico".[2]
Nyke Daenerys Jelmāzmo hen Targārio Lentrot, hen Valyrio Uēpo ānogār iksan. Valyrio muño ēngos ñuhys issa. "Son Daenerys Stormborn da Casa Targaryen, do sangue da Antiga Valyria. O valyrio é a miña lingua nai."
No mundo de A Song of Ice and Fire, o alto valyrio ocupa un espazo cultural semellante ó do latín na Europa medieval.[4] As novelas describen que xa non é unha lingua de uso cotián, senón que é unha lingua de aprendizaxe e educación entre a nobreza de Essos e Westeros, con moita literatura e cancións compostas en valyrio.