Game of Thrones (tempada 7)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sétima tempada de Game of Thrones
Tempada de Game of Thrones
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios7
Emisión
Canle orixinalHBO
Emisión orixinal16 de xullo de 2017- 27 de agosto de 2017
Cronoloxía
Game of Thrones (tempada 6) Sétima tempada de Game of Thrones Game of Thrones (tempada 8)

A sétima tempada da serie de televisión de drama e fantasía Game of Thrones estreouse en HBO o 16 de xullo de 2017 e concluíu seis semanas despois, o 27 de agosto de 2017.[1][2][3] Ó contrario que as tempadas anteriores da serie que constaban de dez episodios, a sétima tempada só consta de sete.[4] Ó igual que tempada anterior, componse de contido orixinal que non aparece na obra de George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, e tamén adapta material que Martin revelou ós creadores da serie sobre as futuras novelas da serie.[5] A serie foi adaptada para televisión por David Benioff e D. B. Weiss.

HBO confirmou a sétima tempada o 21 de abril de 2016, tres días despois da estrea da sexta tempada, e comezou a rodarse o 31 de agosto de 2016. Esta tempada foi rodada principalmente en Irlanda do Norte, España e Islandia.

Game of Thrones contén un gran número de actores, incluíndo a Peter Dinklage, Nikolaj Coster-Waldau, Lena Headey, Emilia Clarke e Kit Harington. A tempada introduce varios actores no elenco, como Jim Broadbent e Tom Hopper.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Peter Dinklage (Tyrion Lannister).
Nikolaj Coster-Waldau (Jaime Lannister).
Lena Headey (Cersei Lannister).
Emilia Clarke (Daenerys Targaryen).
Kit Harington
(Jon Snow).

Elenco principal[editar | editar a fonte]

Elenco convidado[editar | editar a fonte]

Os actores secundarios recollidos aquí son os que aparecen na tempada 6. Amósanse listados pola rexión na que apareceron primeiro.

Episodios[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título[27] Director(es) Guionista(s) Data de estrea Audiencia en EE. UU. (millóns)
611 "Dragonstone"
«Dragonstone»
Jeremy PodeswaDavid Benioff e D. B. Weiss16 de xullo de 201710,10[28]

En Twins, Arya Stark envelena ós Frey restantes implicados na "Voda Vermella". En King's Landing, Cersei Lannister e Jaime Lannister tratan con Euron Greyjoy tentando facer unha alianza. En Winterfell, Jon Snow perdoa ós Karstark e ós Umber facendo que lle xuren lealdade, e Sansa Stark advirte a Jon da inminente ira de Cersei. En Oldtown, Samwell Tarly comeza o seu adestramento, e un doente Jorah Mormont pregúntalle pola chegada de Daenerys. Bran Stark chega ó Muro e é recibido por Edd. Sandor Clegane coa Irmandade sen Estandartes refúxiase na casa dun granxeiro. En Dragonstone, Daenerys Targaryen e Tyrion Lannister xunto co seu exército ocupan o castelo abandonado que foi antes habitado por Stannis Baratheon. 

622 "Stormborn"
«Nado da tormenta»
Mark MylodBryan Cogman23 de xullo de 20179,27

Daenerys comeza a artellar estratexias xunto cos seus aliados. Melisandre chega a Dragonstone e pídelle a Daenerys que convoque ó Rei do Norte, Jon Snow. Sam intenta curar de psoriagrís a Jorah. Cersei entabla alianzas cos Tarly. Jon Snow decide acudir á chamada de Daenerys deixando Winterfell en mans de Sansa. Arya decide cambiar o seu rumbo cara a Winterfell, reencontrándose co seu vello amigo Pastel Quente e a súa loba huargo Nymeria. Euron ataca a frota da súa sobriña Yara. 

633 "The Queen's Justice"
«A xustiza da raíña»
Mark MylodDavid Benioff e D. B. Weiss30 de xullo de 20179,24

Jon Snow coñece a Daenerys en Dragonstone. Euron entra triunfal en King's Landing e entrega ás reféns Ellaria e Tyene Sand perante Cersei. Jorah é curado de psoriagrís. Cersei víngase pola morte de Myrcella. Os Inmaculados atacan Casterly Rock, aínda que as forzas dos Lannister abandonaron na súa maioría o castelo para capturar Highgarden, que leva á morte de Olenna Tyrell, non sen antes confesar ante Jaime que matou a Joffrey. 

644 "The Spoils Of War"
«Botíns de guerra»
Matt ShakmanDavid Benioff e D. B. Weiss6 de agosto de 201710,16

Jon amosa a Daenerys unha cova chea de vidriagón e unhas pinturas rupestres dos Nenos do Bosque sobre os Camiñantes Brancos. Cersei negocia co Banco de Ferro. Arya regresa a Winterfell e atópase cos seus irmáns. Despois de perder a frota de Yara Greyjoy, o exército e o apoio económico de Dorne e Highgarden, Daenerys sae a atacar co seu dragón Drogon ás hostes dos Lannister xunto cunha horda de salvaxes dothrakis. 

655 "Eastwatch"
«Eastwatch»
Matt ShakmanDave Hill13 de agosto de 201710,71

Daenerys consegue a vitoria e acaba coa familia Tarly. Jorah volve ó servizo de Daenerys. Tyrion reúnese en segredo con Jaime para que convenza a Cersei para loitar contra os Camiñantes Brancos. Cersei revélalle a Jaime que está embarazada. Jon Snow e compañía cruzan de novo o Muro en busca dun non-morto para que o resto do continente lles crea e loiten. Sam abandona Oldtown farto de ser ignorado. 

666 "Beyond the Wall"
«Alén do Muro»
Alan TaylorJeremy Podeswa e Mark Mylod20 de agosto de 201710,24

En Winterfell, Sansa e Arya comezan unha disputa por mor de Petyr. Sansa descubre as caras de Arya. Jon e compañía adéntranse alén do Muro até dar cunha horda de Camiñantes Brancos, conseguen capturar a un non-morto pero vense atrapados polo exército. Gendry consegue escapar até o Muro e manda un aviso de socorro a Daenerys. Thoros de Myr morre conxelado tras sufrir unha ferida. Daenerys acode na súa axuda a pesar dos consellos de Tyrion. O Rei da Noite acaba cunha lanza xeada coa vida do dragón Viserion. Daenerys consegue escapar con todos menos Jon, que é salvado polo seu tío Benjen que termina sacrificándose por el. Jon, ferido chega ó Muro e xura lealdade a Daenerys. O Rei da Noite saca o cadáver de Viserion do lago xeado e resucítao como un Dragón camiñante branco. 

677 "The Dragon and the Wolf"
«O dragón e o lobo»
Jeremy Podeswa[29]David Benioff e D. B. Weiss27 de agosto de 2017[3]12,07[30]

En King's Landing, prodúcese unha reunión cos Lannisters. Cersei pídelle a Jon neutralidade na Gran Guerra, pero mantén o seu xuramento a Daenerys, o que provoca que Cersei se vaia. Tyrion reúnese en privado con Cersei, e aparentemente é persuadida para seren aliados. Cersei máis tarde revélalle a Jaime que estaba mentindo e que pretende contratar a Compañía Dourada de Braavos para asegurar o seu dominio en Westeros. Desgustado, Jaime deserta e marcha cara ó norte. Camiño de White Harbor, Jon e Daenerys déitanse. En Dragonstone, Theon gaña o repecto dos seus homes e lidéraos para rescatar a Yara. En Winterfell, Littlefinger sementa a inimizade usando o comportamento ameazante de Arya contra Sansa, que convoca un xuízo. Despois de listar os actos de traizón de Littlefinger contra a Casa Stark e o Norte, Sansa ordénalle a Arya executalo. Samwell chega a Winterfell e encóntrase con Bran, e ambos falan sobre a orixe de Jon. Decátanse de que Jon é un auténtico Targaryen chamado Aegon e que é o verdadeiro herdeiro do Trono de Ferro, xa que os seus pais, Rhaegar Targaryen e Lyanna Stark, casaron en segredo. En Eastwatch, o dragón morto Viserion dana o Muro, permitindo ó exército do mortos marchar cara ó sur. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "HBO Renews Hit Series "Game of Thrones," "Silicon Valley" and "Veep" for 2017". HBO. 21 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 29 de abril de 2016. 
  2. Opam, Kwame (9 de marzo de 2017). "Game of Thrones season 7 premieres on July 16th". The Verge. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 The Futon Critic (ed.). "Shows A-Z - game of thrones on hbo". Consultado o 4 de abril de 2017. 
  4. Hibberd, James (18 de xullo de 2016). Entertainment Weekly, ed. "Game of Thrones: HBO announces summer return, 7 episodes". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  5. Hibberd, James (24 de maio de 2016). "George R.R. Martin revealed 3 huge shocks to Game of Thrones producers". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2017. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 6,17 6,18 6,19 6,20 6,21 6,22 6,23 6,24 6,25 "Emmy(R)- and Golden Globe-Winning HBO Series "Game of Thrones" Returns for Seventh Season July 16". HBO. 7 de xullo de 2017. Consultado o 8 de xullo de 2017. 
  7. Rodman, Sarah (12 de xullo de 2017). "Gendry's back! The lost son of King Baratheon will return during the 7th season of 'Game of Thrones'". Los Angeles Times. Consultado o 15 de xullo de 2017. 
  8. Kain, Erik (21 de abril de 2017). Forbes, ed. "New 'Game Of Thrones' Photos Hint At Season 7 Clues". Consultado o 8 de xullo de 2017. 
  9. The Shield Gazette, ed. (15 de outubro de 2016). "Game of Thrones star is delighted to be back at Castle Black". Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Bryant, Jacob (April 20, 2017). "‘Game of Thrones’ Season 7: First Photos". Variety. Consultado o July 8, 2017. 
  11. Cain, Dan (27 de setembro de 2017). The Daily Mail, ed. "PICTURE EXCLUSIVE: Game Of Thrones cast film battle scenes for new series in Northern Ireland... a day after scooping 12 awards at the Emmys". Consultado o 30 de setembro de 2016. 
  12. Twitter, ed. (28 de setembro de 2016). "#WinterIsComing #Belfast #Irishthrones Just a casual walk amongst the green fields of Corbet and i bump into these people!!". Consultado o 30 de setembro de 2016. 
  13. Independent Talent, ed. (22 de xuño de 2017). "Megan Parkinson CV". Consultado o 22 de xuño de 2017. 
  14. Pearson, Ben (13 de xuño de 2017). /Film, ed. "New ‘Game of Thrones’ Season 7 Photos and Special Effects Featurette". Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  15. Twitter, ed. (3 de outubro de 2016). "#watchersOTthewall #Irishthrones #Belfast These are a few more sightings of many!! Care to work out what the plot might be hehe??". Consultado o 5 de outubro de 2016. 
  16. Twitter, ed. (12 de outubro de 2016). "@IrishThrones @WatchersOTWall @magnificentMR @GameOfThrones More pics for your theories!!". Consultado o 13 de outubro de 2016. 
  17. Evans, Greg (21 de xuño de 2017). "New Game Of Thrones Season 7 Trailer: 'Fight Every Battle!'". Deadline.com. Consultado o 21 de xuño de 2017. 
  18. Wigler, Josh (May 24, 2017). "'Game of Thrones' Season 7 Trailer: "The Great War is Here"". The Hollywood Reporter. Consultado o May 24, 2017. 
  19. Collins, Sean T. (May 24, 2017). "'Game of Thrones' Season 7: Everything We Know So Far". Rolling Stone. Consultado o July 8, 2017. 
  20. Hooton, Christopher (November 18, 2016). "Game of Thrones season 7 spoilers: Tom Hopper lands recast role". The Independent. Consultado o November 19, 2016. 
  21. Busis, Hillary (April 10, 2017). "Game of Thrones: Expect to See a Lot More of Braavos in Season 7". Vanity Fair. Consultado o April 10, 2017. 
  22. Hibberd, James (August 31, 2016). "Game of Thrones casts Jim Broadbent in first season 7 role". Entertainment Weekly. Consultado o August 31, 2016. 
  23. Collin, Robbie (April 10, 2017). "Jim Broadbent on Game of Thrones, public school, and his 'arrogant, pompous' Sense Of An Ending role'". Telegraph.co.uk. Consultado o April 10, 2017. 
  24. Vineyard, Jennifer (July 6, 2016). "Game of Thrones’ Gemma Whelan on Yara’s Sexuality and Freezing on Set". Vulture. Consultado o September 12, 2016. 
  25. Hibberd, James (June 27, 2017). "Game of Thrones: Jessica Henwick's Sandsnake almost vanished from show". Entertainment Weekly. Consultado o July 8, 2017. 
  26. Kurp, Josh (December 15, 2016). "Everyone’s Least Favorite ‘Game Of Thrones’ Characters Are Returning In Season 7". Uproxx. Consultado o July 8, 2017. 
  27. "Schedule results for Game of thrones" (en inglés). HBO. Consultado o 30 de marzo de 2014. 
  28. Porter, Rick (17 de xullo de 2017). "Sunday cable ratings: 'Game of Thrones' scores series-best audience with Season 7 premiere". TV by the Numbers. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2017. 
  29. GamesRadar (ed.). "Game of Thrones season 7: US and UK air date, teaser trailer, official poster, cast, rumors, and everything you need to know". Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2017. Consultado o 4 de abril de 2017. 
  30. Porter, Rick (29 de agosto de 2017). TV by the Numbers, ed. "Sunday cable ratings: VMAs hit all-time low opposite ‘Game of Thrones’ finale". Consultado o 29 de agosto de 2017.