East Anglia Array
East Anglia Array | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
East Anglia Array (tamén chamado Offshore-Windpark East Anglia) é un parque eólico mariño proxectado en varias xeiras. Estará situado a 30 millas da costa de East Anglia, no Mar do Norte inglés. Está a ser desenvolvido polas empresas Scottish Power Renewables e Vattenfall. Como socios tecnolóxicos están a traballar na construción Iberdrola e Siemens AG (Gamesa).[1]
Están en estudo ata sete proxectos individuais, zonas de explotación cunha capacidade total de 7,2 GW.
East Anglia ONE
[editar | editar a fonte]East Anglia ONE está situado ao sur da zona, aproximadamente a 43 km da costa. O proxecto inicial será para instalar 1,2 GW de potencia eólica, con 102 torres. A electricidade producida chegará á costa por un cable que conectará coa rede nacional inglesa.
42 dos soportes para estes muíños de vento estanse a construír en España por Navantia Fene, contratista de Windar Renovables e Iberdrola, e outros 60 por Lamprell UK. Son estruturas de tres patas, 65 metros de altura e un peso de 850 toneladas. As pas dos xeradores son construídas pola fábrica que Gamesa ten nas Somozas.[2] A subestación eléctrica é construída en Navantia Cádiz, Puerto Real.
O material é enviado ao porto holandés de Vlissingen, onde Iberdrola ten unha base loxística.[3] O inicio dos traballos foi en xuño de 2018 coa instalación dos soportes para os muíños polos buques Bokalift 1 e Olympic Taurus.[4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La obra eólica de Navantia Fene emplea ya a 700 trabajadores", artigo en La Voz de Galicia, 24 de novembro de 2017 (en castelán).
- ↑ "Navantia y Windar entregan las primeras «jackets» para el mayor parque eólico marino de Iberdrola", artigo en La Voz de Galicia, 5 de marzo de 2018 (en castelán).
- ↑ Navantia completa el embarque de las «jackets» a la espera de su envío lavozdegalicia.es
- ↑ Reportaje | Iberdrola inicia la instalación de las jackets locales en las profundidades del Mar del Norte