José María González-Llanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María González-Llanos
González Llanos.JPG
Estatua no barrio de Esteiro, Ferrol
Nome completoJosé María González-Llanos Caruncho
Nacemento27 de xuño de 1889
 Ferrol
Falecemento14 de outubro de 1990
NacionalidadeEspaña
OcupaciónMilitar, empresario e enxeñeiro
FillosJoaquín González-Llanos Galvache
editar datos en Wikidata ]

José María González-Llanos Caruncho, nado en Ferrol o 27 de xuño de 1889 e finado na mesma cidade o 14 de outubro de 1990, foi un militar, empresario e enxeñeiro galego, director de Bazán, fundador de FENYA e Astano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de tradición mariñeira, fillo de Humbelina Caruncho e Carlos González-Llanos Alesson. Entrou na Armada con 14 anos. Estudou na Escola Naval sendo alférez de navío en 1919. Estivo embarcado nos buques Reina Regente, Alfonso XIII, España e Jaime, Carlos V e Cataluña, Proserpina, e Marqués de la Victoria. Foi capitán do torpedeiro número 2 da Flotilla de Submarinos e Torpedeiros con base en Ferrol.

Participou na guerra do Rif a bordo do acoirazado Alfonso XIII na campaña de toma de Melilla e en Tiguisas e Wed Targa, Tetuán. En 1924 e 1925 estudou para enxeñeiro eléctrico en Montefiori, Universidade de Liexa, sendo número un da promoción. Estudou na Academia de Enxeñeiros de Ferrol, titulándose en 1928.

En 1929 entrou a traballar para a Sociedad Española de Construcción Naval como xefe dos servizos eléctricos. En 1931 pasou a enxeñeiro xefe dos traballos do estaleiro. En 1933 era enxeñeiro xefe do estaleiro e en 1935 director en Ferrol.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 deixou o cargo e embarcou no cruceiro Canarias para participar no bloqueo do estreito de Gibraltar. Antes do remate da Guerra Civil volveu ocupar o posto de Director de Bazán. Traballou na súa modernización: creación da escola de aprendices, fábrica de turbinas e na fundación de FENYA en 1941. En 1949 deixou o posto en Bazán para crear Astano[1] .

Foi catedrático da Escola Superior de Enxeñeiros Navais de Madrid, desde 1947 a 1961.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Joaquín González-Llanos Galvache.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Tratado sobre Máquinas Eléctricas. En tres tomos, foi texto oficial na escola de enxeñería de Madrid.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña conceden os premios de investigación González Llanos e Concepción Arenal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Galicia Artaba Digital (ed.). "José María González Llanos y Caruncho. Fundador de Astano". Consultado o 3 de outubro de 2013.