Telekom Baskets Bonn
Telekom Baskets Bonn | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL / BCL |
Alcume | Baskets |
Fundación | 1992 |
Historia | BG Bonn 92 (1992−1995) |
Cores | Maxenta, branco, negro |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Deutsche Telekom |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Telekom Dome |
Capacidade | 6 000 |
Inauguración | 11 de xuño de 2008 |
telekom-baskets-bonn.de |
O Telekom Baskets Bonn, tamén coñecido como Baskets Bonn, é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Bonn (Renania do Norte-Westfalia). O club foi fundado en 1992, e actualmente compite na Basketball Bundesliga (BBL), máxima categoría do baloncesto xermano. O principal patrocinador do club é Deutsche Telekom, unha das máis importantes compañías de telefonía e Internet alemás, a cal tamén vende teléfonos móbiles nos Estados Unidos. O equipo xoga os seus partidos como local no Telekom Dome, recinto inaugurado en 2008 con capacidade para 6.000 espectadores. Aínda que o club non gañou ningún título destacábel, chegou a xogar até cinco veces a final da BBL (1997, 1999, 2001, 2008 e 2009).
Historia[editar | editar a fonte]
O Telekom Baskets Bonn foi fundado no ano 1992 coa fusión dos clubs Godesberger Turnverein 1888 eV e SC Fortuna Bonn fusionáronse. O Godesberger TV fora fundado en 1970, en canto o SC Fortuna Bonn en 1973. O Godesberger TV conseguira o ascenso á Basketball Bundesliga en 1990. Porén, Un ano despois, o club descendeu e os problemas económicos asociados conduciron á fusión dos dous clubs nomeados. O nome escollido para o novo equipo foi o de BG Bonn 92. Ao ano seguinte, o club mudou de nome a Post SV Bonn e en 1995 a Telekom Baskets Bonn, patrocinado pola compañía alemá de telecomunicacións Deutsche Telekom.
En abril de 1995 o Telekom Baskets Bonn declarou o seu obxectivo de ser ascender á Bundesliga en 1997. Porén, xa na tempada 1995−96 o equipo terminou a segunda división invicto e ascendeu á principal liga de baloncesto de Alemaña. Na BBL o Baskets estabeleceuse de inmediato, destcando o apoio dos seareiros no novo pavillón Hardtberghalle. Na súa primeira temporada, o Baskets chegou ás Finais da liga. Con todo, perderon 1−3 contra o Alba Berlín. Nos anos seguintes e até a temporada 2004−05, o equipo sempre disputou as eliminatorias polo título. Na propia temporada 2005, o Baskets terminau a tempada regular no noveno posto, o que provocou que o entón o adestrador Predrag Krunić fose despedido. Nesta época, entre 1998 e 2002, cómpre destacar o acordo de cooperación do club co SG Sechtem.
En 2005 chega o equipo un novo adestrador, o ex-capitán da selección alemá Michael Koch. Con el o equipo volve chegar ás finais da liga en dúas ocasións. A primeira foi na temporada 2007−08. Nese ano o equipo acaba en sétimo lugar na liga regular, mais nos play-offs son capaces de eliminar con desvantaxe de campo ao Artland Dragons Quakenbrück, que acabaran en segundo lugar, e ao Skyliners Frankfurt, que acabaran sextos. Xa na final perden contra os campións da liga regular, o Alba Berlin, de novo por 1−3. Na seguinte temporada o equipo acaba en cuarto lugar en liga. Nos play-offs eliminan en cuartos ao ratiopharm Ulm (3−0) e en semifinais ao seus verdugos do Alba Berlín, que acabaran primeiros, por un axustado 2−3. Porén, de novo caen nas finais, esta vez ante o EWE Baskets Oldenburg. A final decidiuse nun axustado quinto partido onde perderon por 70−71. Na etapa Koch o equipo disputa ademais dúas finais de Copa (2009 e 2012), ambas saldadas con derrotas.
Ano a ano[editar | editar a fonte]
Ano | Nivel | Liga | Posición | Copa | Competicións europeas | |
---|---|---|---|---|---|---|
1992–93 | 2 | 2. BBL | 7º | |||
1993–94 | 2 | 2. BBL | 5º | |||
1994–95 | 2 | 2. BBL | 7º | |||
1995–96 | 2 | 2. BBL | 1º | |||
1996–97 | 1 | Bundesliga | 2º | Semifinais | ||
1997–98 | 1 | Bundesliga | 5º | 3 Copa Korać | FG | |
1998–99 | 1 | Bundesliga | 2º | 3 Copa Korać | R32 | |
1999–00 | 1 | Bundesliga | 4º | 3 Copa Korać | R32 | |
2000–01 | 1 | Bundesliga | 2º | 2 Copa Saporta | CF | |
2001–02 | 1 | Bundesliga | 4º | 2 Copa Saporta | CF | |
2002–03 | 1 | Bundesliga | 3º | Cuarto lugar | 2 ULEB Cup | LR |
2003–04 | 1 | Bundesliga | 4º | 2 ULEB Cup | LR | |
2004–05 | 1 | Bundesliga | 9º | Subcampión | 2 ULEB Cup | LR |
2005–06 | 1 | Bundesliga | 7º | 3 FIBA EuroCup | LR | |
2006–07 | 1 | Bundesliga | 7º | |||
2007–08 | 1 | Bundesliga | 2º | |||
2008–09 | 1 | Bundesliga | 2º | Subcampión | 3 EuroChallenge | CF |
2009–10 | 1 | Bundesliga | 8º | Cuartos de final | 2 Eurocup | LR |
2010–11 | 1 | Bundesliga | 13º | 3 EuroChallenge | LR | |
2011–12 | 1 | Bundesliga | 8º | Subcampión | 3 EuroChallenge | T16 |
2012–13 | 1 | Bundesliga | 7º | 3 EuroChallenge | CF | |
2013–14 | 1 | Bundesliga | 6º | Cuartos de final | ||
2014–15 | 1 | Bundesliga | 5º | Cuarto lugar | 2 Eurocup | LR |
2015–16 | 1 | Bundesliga | 11º | 2 Eurocup | LR | |
2016–17 | 1 | Bundesliga | 7º | Cuartos de final | 4 FIBA Europe Cup | SF |
2017–18 | 1 | Bundesliga | 5º | 3 Champions League | LR | |
2018–19 | 1 | Bundesliga | 7º | Semifinalista | 3 Champions League | LR |
2019–20 | 1 | Bundesliga | 15º | Cuartos de final | 3 Champions League | CC |
2020–21 | 1 | Bundesliga | 13º | Fase de grupos |
Pavillóns[editar | editar a fonte]
O Telekom Baskets Bonn ten xogado como local nos seguintes pavillóns:[1]
- Sportpark Pennenfeld (1995–1996, 700 espectadores)
- Hardtberghalle (1996–2008, 3.500 espectadores)
- Telekom Dome (2008−presente, 6.000 espectadores)
Títulos[editar | editar a fonte]
Aínda que o club non conseguiu gañar ningún título, participou en múltiples finais de competicións.
- Subcampións (5): 1997, 1999, 2001, 2008, 2009
Copa de Alemaña
- Subcampións (3): 2005, 2009, 2012
Xogadores[editar | editar a fonte]
Destacados[editar | editar a fonte]
Hurl Beechum
Gunther Behnke
Steven Hutchinson
Alex King
Konstantin Klein
Branko Klepač
Bernd Kruel
Dirk Mädrich
Andrej Mangold
Tim Ohlbrecht
Klaus Perwas
Drazan Tomic
Siniša Kelečević
Tadas Klimavičius
Benas Veikalas
Aleksandar Nađfeji
Paul Burke
Jason Conley
Chris Ensminger
Winsome Frazier
Tony Gaffney
Julian Gamble
Altron Jackson
Jared Jordan
Arvid Kramer
Eugene Lawrence
Jamel McLean
Derrick Phelps
Terrence Rencher
Eric Taylor
Adestradores[editar | editar a fonte]
John Ecker (1993–1995)
Bruno Socé (1995–2001)
Predrag Krunić (2001–2005)
Danijel Jusup (2005)
Michael Koch (2005–2013)
Mathias Fischer (2013–2015)
Carsten Pohl (2015–2016)
Silvano Poropat (2016)
Predrag Krunić (2016–2019)
Chris O'Shea (2019)
Thomas Päch (2019–2020)
Will Voigt (2020)
Igor Jovović (2020–2021)
Will Voigt (2021)
Tuomas Iisalo (2021−presente)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Wiedlich, Wolfgang (18 de setembro de 2018). "Frank Piontek geht von Bord". telekom-baskets-bonn.de (en alemán).