Šarūnas Marčiulionis
Šarūnas Marčiulionis | |
---|---|
Posición | Escolta |
Dorsal | 13 |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Nacemento | 13 de xuño de 1964 (59 anos) Kaunas, Lituania, URSS |
Carreira | |
NBA Draft | 1989 / Rolda: 6 / Elección: 127 Por Golden State Warriors |
Tempadas | 1983–1997 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 4 631 (12,8 pp) |
Asistencias | 819 (2,3 pp) |
Rebotes | 807 (2,2 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador |
Raimondas Šarūnas Marčiulionis, nado o 13 de xuño de 1964 en Kaunas, Unión Soviética (agora Lituania) é un ex xogador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 1,96 metros, foi un dos primeiros europeos en xogar con regularidade na NBA, permanecendo nela durante sete tempadas.
Tamén é coñecido pola súa implicación co baloncesto lituano, axudando á construción da súa selección nacional ademais de ser fundador da Liga de baloncesto de Lituania (Lietuvos Krepšinio Lyga) e da Liga de Baloncesto do Norte de Europa (NEBL), a cal sería posteriormente absorbida pola actual Liga de Baloncesto do Báltico. Actualmente é un dos homes de negocios máis importantes do seu país.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Europa[editar | editar a fonte]
Nado en Kaunas, comezou a xogar profesionalmente na cidade de Vilnius, entón pertencente á URSS, no equipo do Statyba Vilnius. Comezou no club con tan só 17 anos, en 1981, permanecendo alí até o ano 1989, cando decide dar o salto á NBA. Isto converteuno no primeiro xogador lituano en facelo.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Foi un fixo nas seleccións nacionais da URSS a finais dos anos 1980 e da de Lituania na década de 1990. Coa URSS, xunto co seu compatriota Arvydas Sabonis, gañaron a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, ademais da medalla de prata nos Campionatos de Europa de Baloncesto celebrados en Grecia en 1987.
Con Lituania, gañou o bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e Atlanta 1996,[1] ademais dunha nova medalla de prata no europeo de 1995.[2]
NBA[editar | editar a fonte]
Foi elixido polos Golden State Warriors na sexta rolda do Draft da NBA de 1987, quen tiveron que esperar dous anos para que se incorporase ao equipo, na tempada 1989-90. Alí xogou durante catro tempadas, sendo finalista en dúas ocasións ao premio do Mellor Sexto Home da NBA, en 1991 e 1992. Ese ano do 92 foi o mellor da súa carreira, tras facer medias de 18,9 puntos e 3,4 asistencias por partido.
Tras perderse un ano completo de competición por mor dunha grave lesión no xeonllo, foi traspasado a Seattle SuperSonics, onde o seu nivel de xogo baixou ostensiblemente. Ao ano seguinte foi traspasado a Sacramento Kings, finalizando a súa carreira na NBA nos Denver Nuggets, na tempada 1996-97. No total da súa carreira en Estados Unidos fixo medias de 12,8 puntos, 2,3 rebotes e 2,2 asistencias.
Equipos[editar | editar a fonte]
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Unión Soviética | |||
Xogos Olímpicos | |||
Ouro | Seúl 1988 | Unión Soviética | |
Eurobasket | |||
Bronce | Francia 1987 | Unión Soviética | |
Lituania | |||
Xogos Olímpicos | |||
Bronce | Barcelona 1992 | Lituania | |
Bronce | Atlanta 1996 | Lituania | |
Eurobasket | |||
Prata | Grecia 1995 | Lituania |
- Statyba Vilnius (1981-1989)
- Golden State Warriors (1989-1993)
- Seattle Supersonics (1994-1995)
- Sacramento Kings (1995-1996)
- Denver Nuggets (1996-1997)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en nba.com
- Perfil en nba.com/historical
- Estatísticas de Marčiulionis na NBA Arquivado 02 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
- Nados en Kaunas
- Nados en 1964
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Medallistas olímpicos en baloncesto
- Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética
- Medallistas olímpicos de bronce por Lituania
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Xogadores de baloncesto olímpicos da Unión Soviética
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1988
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1996