Saltar ao contido

Ónfale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÓnfale

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Rei de Lidia
Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTmolo
Heracles Editar o valor en Wikidata
FillosAgelaus of Naupactus
Cleodaeus
 () Heracles
Atys
 () Heracles
Acheles
 () Heracles
Tirreno
 () Télefo
Agelaus
 () Heracles
Lamus
 () Heracles Editar o valor en Wikidata
PaiIardanus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Na mitoloxía grega, Ífito foi morto por Heracles ó ser acusado este de roubar unhas eguas propiedade do seu pai, Éurito, rei de Ecalia. Para expiar o asasinato, o oráculo ditaminou que servira como escravo e Hermes púxoo á venda, resultando ser Ónfale a compradora e ama de Heracles durante tres anos.

Heracles e Ónfale (Johann Heinrich Tischbein, 1754, Kassel, Alemaña)

Ónfale era a raíña de Lidia (rexión situada no occidente de Anatolia) e filla do rei Iárdano (ou Iárdanes). Herdara o reino do seu home, Tmolo, que morreu corneado por un touro enfurecido por Artemisa como castigo por haber violado a Arripe, unha das cazadoras acompañantes da deusa. Con este Tmolo tivera un fillo, Teoclímeno, e algúns autores fana nai de Tántalo, un dos eternos condenados.

Éurito e Ífito

[editar | editar a fonte]

Éurito negara a Heracles a man da súa filla Iole, a pesar de que ganara o concurso de tiro con arco que o propio rei convocara propoñendo a filla como premio para o vencedor. Heracles, namorado de Iole, acudiu á competición e derrotou a todos, pero Éurito, que sabía que Heracles matara anteriormente ós seus propios fillos, non cumpriu o acordado. Cando Heracles ía marchar de Ecalia [1], denunciouse o roubo dunhas eguas do rei, e todos sospeitaron que Heracles fora o ladrón. Todos menos Ífito, que xa apoiara a Heracles contra o pai cando este non aceptou a súa vitoria, e que agora pediu a súa axuda para atopar os animais. Os dous buscáronas xuntos, pero infrutuosamente.

Posteriormente, Ífito continuou a busca pola súa conta e seguiu as pegadas das eguas, que o levaron ata a casa de Heracles, en Tirinto. Cando lle pediu explicacións, Heracles díxolle que llelas vendera Autólico, quen resultou ser o verdadeiro ladrón. Ífito esixiu a Heracles que lle devolvera os animais pero este negouse, porque as comprara de boa fe. Discuten e ó final Heracles mata a Ífito lanzándoo desde o alto da muralla na que se atopaban nese momento.

Segundo Pseudo-Apolodoro, Heracles contrae unha grave enfermidade por este asasinato (quizais un novo acceso de loucura), e acudiu a consultar ó oráculo de Delfos sobre qué debía facer para curar. Outros din que foi para saber como purificarse tras este novo crime. A Pitia, obrigada por Zeus, contestou que debía venderse como escravo durante un período de tres anos e pagar a Éurito o importe da venda, como indemnización. Hermes [2] puxo á venda ó heroe e Ónfale comprouno por tres talentos, se ben Éurito rexeitou cobrar a recompensa [3]. A lenda deixa ver que a Ónfale lle interesaba Heracles máis como amante que como servo.

Heracles ós pés de Ónfale (1894, Universidade de Toronto)
"Heracles obtivo un vaticinio que afirmaba que conseguiría librarse da enfermidade se era vendido, servía como criado durante tres anos e pagaba unha suma a Éurito como indemnización polo seu crime. En canto foi emitido o vaticinio, Hermes puxo a Heracles en venda e comprouno Ónfale, filla de Iárdano, raíña dos lidios, á que ó morrer lle deixara o trono o seu esposo Tmolo".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 6, 2-3)
Mosaico de Liria (hoxe no Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid). No emblema central, Heracles e Ónfale; e ó redor, os doce traballos

Escravitude de Heracles

[editar | editar a fonte]

Durante este período de escravitude, os poetas clásicos narran distintas aventuras (como a captura dos Cercopes e a eliminación de diferentes bandidos e inimigos que infestaban o país, como Sileo e Litierses) así como as relacións amorosas do heroe con Ónfale. Tamén os artistas a fan aparecer ataviada cos atributos propios de Heracles (o arco, a maza e a pel do león de Nemea), mentres Heracles viste un largo manto e roupas femininas e aprende a fiar o liño ós pés dela, ou ben se deixa peitear ou facerse a manicura polas doncelas da raíña [4]. Tamén se di que este intercambio de roupa non foi outra cousa que un xogo erótico nunha gruta apartada. Claro que a lenda engade que estando unha noite durmindo en camas separadas, apareceu o deus Pan e meteuse na cama de Ónfale, pero quen realmente estaba era Heracles con vestidos de seda. Heracles botouna fóra da cama dunha patada e logo, xunto a Ónfale, ríronse del cando trouxeron luces e o viron escarranchado no chan [5]. Pan vingouse propalando o rumor de que o cambio de roupas con Ónfale era unha práctica habitual.

Unha das fazañas de Heracles ás ordes de Ónfale foi matar unha serpe xigantesca que devoraba os homes e acababa coas colleitas.

Tamén durante este tempo ten lugar a caza do Xabaril de Calidón, o que explicaría a ausencia de Heracles naquela partida de caza. Segundo Herodoto, tamén sucedeu a expedición dos Argonautas, polo que Heracles non podería ter participado [6], aínda que a maioría dos autores si que o contemplan participando nesta expedición.

Ó final, ou ben Ónfale libera a Heracles, admirada polas súas accións, ou ben Heracles cumpre os tres anos esixidos polo oráculo. En calquera caso, terminan casando. Tampouco hai acordo entre os autores cos fillos habidos desta unión: adoita admitirse que tiveron un fillo, chamado Axelao, segundo uns, ou Lamo (ou Lamón), segundo outros. Mesmo se cita tamén outro fillo: Tirseno (ou Tirreno). Para Graves tiveron tres fillos: Lamo, Axelao e Laomedonte

Heracles regaloulle a Ónfale a machada que colleu á Hipólita, raíña das Amazonas, cando a matou no noveno traballo, consistente en levar o cinto da raíña (que lle regalara o deus Ares) á filla de Euristeo.

Pseudo-Apolodoro afirma que, simplemente, cumpridos os tres anos de escravitude e curado daquela enfermidade (ou recuperada a cordura), Heracles deixa Lidia [7] e regresa a Grecia. Outras versión di que Ónfale descubriu a ascendencia do heroe e por iso deixouno libre, mandándoo a Tirinto cargado de regalos.

Hércules bota a Pan fóra da cama de Ónfale (Tintoretto, 1590, Museo de Belas Artes de Budapest)

Iconografía e interpretación

[editar | editar a fonte]

A vida de molicie de Heracles e Ónfale reflíctese xa nas pinturas de Pompeia e nos mosaicos imperiais. A pintura da Idade Moderna tiene un carácter moralizante pero iso non impide unha marcada carga erótica, incidindo na actitude masculina dela e feminina del (Cranach o Vello, Rubens, Carracci ou Luca Giordano, entre outros).

A escravitude de Heracles interpretouse como unha alegoría da facilidade coa que un home, recio e forte, pode caer ó servizo dunha muller lasciva. O propio nome da protagonista, Ónfale, significa 'embigo', e era no embigo onde se situaba o centro da paixón feminina. Por outro lado, en épocas de matriarcado o rei podía representar á raíña nas cerimonias pero só se se vestía coas roupas dela, e son frecuentes as representacións en Lagash e Cnosos de homes en actitude cerimonial, pero vestidos con saias.

  1. Noutras versións, Heracles responde á negativa conquistando a cidade, matando a Éurito e tomando a Iole como escrava.
  2. Hermes era o responsable de tódalas transaccións importantes.
  3. Diodoro escribe que a indemnización era para os fillos de Ífito (aunque o avó negouse a que a aceptaran, alegando que o sangue só se podía compensar con sangue). Sófocles, que o tempo de escravitude foi soamente de un ano.
  4. Hércules en la corte de Onfalia. Restauración y estudio técnico (Museo Thysen-Bornemisza) (en castelán)
  5. Tintoretto pintou este momento (1590, Museo de Belas Artes de Budapest).
  6. Pseudo-Apolodoro I, 9, 19.
  7. Pseudo-Apolodoro II, 6, 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017, 380.
  • GRAVES, Robert: Los mitos griegos, Ed. Gredos, 1ª ed. 2019, 532, 565-576.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009, 32.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Esther García Portugués: "'Hércules y Ónfale' en Fastos de Ovidio. El texto llevado a la pintura", en IMAGO. Revista de emblemática y cultura visual, nº 3, 2011, 73-84. (en castelán)