Ángeles Santos Torroella
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1911 Portbou, España |
Morte | 3 de outubro de 2013 (101 anos) Madrid (España) |
Residencia | Barcelona (1933–1934) Portbou |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintora, ilustradora, debuxante |
Movemento | Surrealismo e Las Sinsombrero (en) |
Profesores | Cellino Perotti (en) |
Familia | |
Irmáns | Rafael Santos Torroella |
Premios | |
Ángeles Santos Torroella, nada en Portbou o 7 de novembro de 1911 e finada en Madrid o 3 de outubro de 2013,[1] foi unha pintora e artista gráfica española, contemporánea da xeración do 27.[2][3] Iniciada entre o surrealismo e o expresionismo, evolucionou cara ao postimpresionismo con temas de paisaxe e interiores. En 2005 recibiu da Generalitat de Cataluña a Creu de Sant Jordi.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no debuxo e na pintura aos catorce anos, durante a súa etapa colexial no internado das Escravas Concepcionistas de Sevilla. Dous anos máis tarde trasladouse cos seus pais a Valladolid, cidade en que recibiu clases do pintor italiano Cellino Perotti e pintou con dezaoito anos Un mundo, óleo de gran formato que representa un estraño planeta surrealista, exposto no Museo Raíña Sofía.
Tras realizar un par de exposición en Valladolid, a súa participación no IX Salón de Outono de Madrid o ano 1929, incrementou a súa fama, o que tivo como consecuencia a publicación de artigos que deron razón da súa pintura (medio expresionista, medio surrealista) da man de intelectuais e críticos como Jorge Guillén, Ramón Gómez de la Serna, Manuel Abril, Juan Ramón Jiménez, Federico García Lorca, Guillermo Díaz-Plaja e Joan Teixidor, entre outros.
En 1931 realizou unha exposición individual en París e nos anos sucesivos participou nas exposicións organizadas pola Sociedad de Artistas Ibéricos en Donostia e Copenhague.[4] Foi invitada a expor na mostra colectiva do Carnegie Institute de Pittsburgh e en 1936 figurou no pavillón español da Bienal de Venecia e na dos Ibéricos en París.
En 1933 trasladouse a Barcelona. Nese período, Santos deixou de pintar, xa sexa por relegar a arte a un segundo plano debido ao seu matrimonio con Emilio Grau Sala e o nacemento do seu fillo Julián,[5] ou, como sinala Mercedes Prado,[6] porque a súa estética, fronte ao noucentisme catalán, entrou en crise tras ser cualificada de dura e pouco amable debido ao seu matiz expresionismo e escuro cromatismo. Debido a iso, cando Santos volveu dedicarse á pintura, esta dulcificouse e abordou temas como o retrato, os interiores urbanos e as paisaxes marítimas da cidade condal, motivos que os críticos contemporáneos lle reprocharon a súa impronta postimpresionista.
Faleceu na súa casa o 3 de outubro de 2013.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece a los 101 años la pintora Ángeles Santos Torroella". 3 de outubro de 2013. Consultado o 3 de outubro de 2013.
- ↑ Belausteguigoitia, Santiago (24 de xaneiro de 2004). "Dos escritoras de la Generación del 27" (en castelán). El País. Consultado o 19 de decembro de 2013.
- ↑ Cabré, Mª Ángeles (14 de maio de 2016). "Las ocultas de la generación del 27". La Vanguardia - Culturas. p. 8.
- ↑ Pérez Segura, Javier (2003). "La sociedad de artistas ibéricos (1920-1936)". UCM-tesis. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2017. Consultado o 18 de abril de 2017.
- ↑ Rivas, F. (1987). Ángeles Santos. Madrid: Cuadernos Guadalimar. ISBN 8485253302.
- ↑ Prado, Mercedes (2003). Ángeles Santos. Bilbao: Fundación Bilbao Bizkaia Kutxa. p. 47. ISBN 8495653281.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángeles Santos Torroella |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agenjo, Rosa (1986). La pintora Ángeles Santos y su obra anterior a la guerra civil española. Catalogación y estudio. Tesi doctoral dirigida per Rafael Santos Torroella (en castelán). Barcelona: Universitat de Barcelona, Facultat de Belles Arts. ISBN 9788469242452. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 24 de marzo de 2012.
- Ángeles Santos, Portbou 1911. Madrid: Albert Gallery. 2002.
- Bassuel, Cécil (2010). "De l'aube à l'éclipse. Avant-garde et retour à l'ordre dans la peinture d'Ángeles Santos". Entre l'ancien et le nouveau. Le socle et la lézarde (Espagne XVIII-XX) (en francés). vol.II. París: Université de la Sorbonne Nouvelle (Paris III), Centre de Recherche sur l'Espagne Contemporaine.
- Bonet, Juan Manuel (1995). "Santos, Ángeles o Angelita". Diccionario de las vanguardias en España (1907-1936). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 9788420682129.
- Capella, Anna (2011). Ángeles Santos, entre la vida i la pintura. Dones il·lustres de les comarques gironines, núm. 3 (en catalán). Bellcaire d'Empordà: Edicions Vitel·la. ISBN 9788493716264.
- Casamartina i Parassols, Josep (2010). Ángeles Santos. Madrid: Fundació Mapfre i TF editores. ISBN 9788492441303.
- Casamartina i Parassols, Josep (2003). Ángeles Santos, un mundo insólito en Valladolid (en castelán). Valladolid: Patio Herreriano Museo de Arte Contemporáneo Español. ISBN 8493260657.
- VV.AA. (1987). Santos, Ángeles o Angelita. Cuadernos Guadalimar, núm. 28 (en castelán). Madrid.
- Huici, Fernando; de Diego, Estrella (1999). Fuera del orden. Mujeres de la Vanguardia española. Madrid: Fundación Cultural Mapfre Vida.
- Masanés, C. (2011). "Pintar un món". (RE) Visions del món. 100 anys d'Àngeles Santos Torroella (en catalán). Portbou: Ajuntament de Porbouamb la col.laboració de l'Ajuntament de Sitges i la Diputació de Girona. D.L. GI-444-2011.
- Panyella, Vinyet (1992). Ángeles Santos. Barcelona: Indústries Gràfiques Viladot. ISBN 9788460448099.
- Prado, Mercedes; Gómez de la Serna, Ramón (2003). Ángeles Santos (en castelán). Bilbao: Fundación Bilbao Bizkaia Kutxa. ISBN 8495653281.
- Rivas, F. (1987). Ángeles Santos (en castelán). Madrid: Cuadernos Guadalimar. ISBN 8485253302.
- Santos, Rafael; Vayreda, Montserrat; [et al.] (1977). Pintors surrealistes de l'Empordà (en catalán). Figueres: Museu de l'Empordà.
- Santos, Rafael; Viñas, Alícia (1986). Ángeles Santos Torroella. Figueres: Museu de l'Empordà.