Salón de Outono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vue de Lyon por Georges Dufrénoy afiche de 1937

O Salón de outono (en francés, Salon d'Automne) é unha exposición de arte que se celebra anualmente en París dende 1903.

O Salon de outono foi creado o 31 de outubro de 1903 no Petit Palais, coa iniciativa do arquitecto e crítico de arte belga Frantz Jourdain (1847-1935), contando coa colaboración de artistas como Matisse, Rouault, Bonnard e Marquet. Perseguía unha dobre finalidade: ofrecer saídas aos mozos artistas e descubrir ao público popular o impresionismo e mailas súas prolongacións artísticas. Un dos seus primeiros éxitos foi a exposición que deu a coñecer o fauvismo en 1905. Nos seus comezos foi o centro de varias exposicións conmemorativas de artistas da época, destacando as de Gauguin (1903) e Cézanne (1907). Tamén adoita ter representación de artistas estranxeiros.

A elección do outono como a tempada de presentación é estratéxica por varios conceptos: non só lles permite aos artistas presentar as súas pequenas pinturas realizadas ao aire libre no curso do verán, senón que se desmarca doutros dous grandes salóns (o Nacional e o dos Artistas franceses) que celebraban as súas exposicións en primavera.

O Salón de Outono destacou así mesmo por divulgar todo tipo de xénero artístico, dende a pintura e escultura ata a fotografía, o gravado, o deseño, as artes aplicadas etc. Estaban particularmente ben representados os pintores estranxeiros.

Dende 1904, o Salón deixou o Petit Palais para ir ao Grand Palais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]