Saltar ao contido

Álex Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlex Fernández

Álex Fernández co Arenteiro, 2023 (2023) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalAlexandre Fernández Barreiros
Biografía
Nacemento1988 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,78 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Pontevedra CF

Alexandre Fernández Barreiros, coñecido como Álex Fernández, nado en Ourense o 21 de xuño de 1988, é un futbolista galego, que xoga como centrocampista no Arenteiro, da Primeira División RFEF.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido e criado en Ourense, seguiu os pasos de seu pai, que fora futbolista de varios equipos da cidade como o Pabellón, o Atlético Ourense ou o Ponte Ourense.[2] Comezou a xogar ao fútbol no Pabellón, antes de ingresar con 12 anos na canteira do Celta de Vigo.[2] Aos 17 anos debutou co Celta B na Segunda División B e xogou durante os seguintes tres anos co filial céltico, disputando 61 partidos oficiais. Entre 2008 e 2011 xogou fóra de Galicia, vestindo as camisetas de Lorca Deportiva, Cerro de Reyes e Lorca Atlético (onde sufriu o terremoto de Lorca mentres adestraba),[3] antes de regresar á súa cidade natal e fichar polo Ourense.

Na súa primeira tempada no club vermello e azul conseguiu un ascenso a Segunda B, categoría na que xogou durante os seguintes oito anos, os dous primeiros nas filas do Ourense. Un fixo no centro do campo titular do equipo ourensán, disputou con este un total de 109 partidos, nos que marcou 8 goles. No seu último ano no Ourense conquistou a Copa Federación, despois de vencer na final ao Guadalajara.

Tras pasar unha campaña no Coruxo recalou no 2015 no Pontevedra, onde se reencontrou co seu antigo adestrador no Ourense, Luisito. Militou cinco anos no equipo granate, xogando 120 partidos e gañando unha segunda Copa Federación en 2018.

En 2020 baixou unha división para xogar en Terceira co Arenteiro, proclamándose campión da categoría na súa primeira campaña. Dous anos despois capitaneou o equipo do Carballiño na histórica tempada 2022/23, na que o club se proclamou campión do Grupo I da Segunda División RFEF, logrando así o ascenso á Primeira RFEF, gañou a Copa Federación (a terceira para o xogador) e eliminou ao Almería na Copa do Rei antes de caer eliminado ante o Atlético de Madrid de Simeone.[4] Contribuíu ao éxito do equipo cun total de 38 partidos (37 deles como titular) e 7 goles, e recibiu o Premio Luis Suárez ao mellor xogador galego da categoría.[4] O equipo rescindiulle o contrato en xaneiro de 2024,[5] tras o cal fichou pola UD Ourense.

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española sub-19, coa que disputou tres partidos amigables en 2006, ante Inglaterra, Italia e Austria.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ourense
Pontevedra
Arenteiro