O final da escapada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "À bout de souffle")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O final da escapada
Ficha técnica
Título orixinalÀ bout de souffle
DirectorJean-Luc Godard
ProdutorGeorges de Beauregard
GuiónJean-Luc Godard
Baseado enidea orixinal de François Truffaut
Claude Chabrol (sen acreditar)
IntérpretesJean-Paul Belmondo
Jean Seberg
MúsicaMartial Solal
FotografíaRaoul Coutard
MontaxeCécile Decugis
DistribuidoraUGC
Estrea16 de marzo de 1960
Duración87 minutos
OrixeFlag of France.svg Francia
Orzamento400 000 FRF
Recadación67 464 $
2 082 760 entradas (Francia)[1]

O final da escapada (en francés: À bout de souffl) é un filme francés de 1960 dirixido por Jean-Luc Godard e protagonizado por Jean-Paul Belmondo, Jean Seberg, Daniel Boulanger e Jean-Pierre Melville e con fotografía en branco e negro de Raoul Coutard.

Foi a primeira longametraxe de Godard e o descubrimento de Belmondo como actor. O final da escapada foi unha das primeiras e máis influentes obras da nouvelle vague.[2] Xunto con Les Quatre Cents Coups, de François Truffaut e Hiroshima, mon amour, de Alain Resnais, estreadas o ano anterior, impulsou a valoración internacional do novo estilo. No seu momento atraeu moita atención polo seu estilo visual audaz, que incluía saltos na montaxe non convencionais.

Foi emitido na TVG o 26 de agosto de 1991.[3]

Argumento[editar | editar a fonte]

Michel (Jean-Paul Belmondo) é un delincuente que, tras roubar un coche en Marsella, emprende vixa cara a París para cobrar un diñeiro que se lle debe e volver ver a súa amiga estadounidense, Patricia (Jean Seberg). No camiño, perseguido pola policía de tráfico, mata un axente. Chega a París, mais non ten cartos, polo que recorre a varios amigos.

Pasa o tempo con Patricia, intentando convencela de que volva deitarse con el e que o acompañe a Roma. Os dous van dun lugar ao outro, mentres Michel trata de recuperar o seu diñeiro e ocultarse da policía.

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

O final da escapada non tivo guión. A historia está baseada vagamente nun artigo que François Truffaut leu en The News in Brief. A personaxe de Michel Poiccard está inspirado no real Michel Portail e na súa moza estadounidense, a xornalista Beverly Lynette. En novembro de 1952 Portail roubou un coche para visitar a súa nai enferma en Le Havre e acabou matando un policía chamado Grimberg.[5] Truffaut traballou no tratamento da historia con Claude Chabrol, pero acabaron desbotando a idea cando non puideron acordar a estrutura da historia. Godard lera ese tratamento, gustáralle e quería realizar o filme. Escribiu unha vaga guía de filmación que abandonou axiña para confiar na improvisación.[6]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Box office Story
  2. Film: Video and DVD Guide 2007. Londres: Halliwell's. 2007. p. 1. ISBN 978-0-00-723470-7. 
  3. La Voz de Galicia, 26 de agosto de 1991. Páx. 71
  4. The Criterion Collection. Breathless DVD. Additional book. 2007. páx. 6.
  5. Ventura, Claude; Villetard, Xavier (2016). Modelo:Ill (DVD) (en francés). The Criterion Collection. OCLC 960384313.  1993 French television documentary (78 minutes).
  6. Nota de José de la Colina, tradutor de "Sin Aliento", 1974, Ediciones Era, S.A.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]