Jean Seberg
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jean Dorothy Seberg 13 de novembro de 1938 Marshalltown, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 30 de agosto de 1979 (40 anos) 16º distrito de París, Francia |
Causa da morte | suicidio, sobredose |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse, 13 |
Educación | Universidade de Iowa Marshalltown High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz de cinema, actriz, directora de cinema |
Período de actividade | 1957 - 1979 |
Familia | |
Cónxuxe | Dennis Berry (1972–1979) René Deville (1963–1970) François Moreuil (1958–1960) |
Fillos | Alexandre Diego Gary () René Deville |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Jean Seberg, nada en Marshalltown, Iowa o 13 de novembro de 1938 e finada en París o 30 de agosto de 1979, foi unha actriz estadounidense, lembrada pola súa participación en numerosos filmes como Saint Joan (1957), Bos días tristeza (1958), O final da escapada (1960) e Lilith (1964).
Seberg faleceu aos 40 anos en París, vítima dunha sobredose de barbitúricos; a policía determinou que a actriz se suicidou.[1] Seberg tamén é coñecida por ser unha vítima do Programa de Contraintelixencia do FBI, como unha represalia polo seu apoio a distintos grupos de dereitos civís durante a década de 1960.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seberg naceu en Marshalltown, no estado de Iowa. O seu máximo desexo era ser actriz de cinema. Estudou na Universidade de Iowa e despois conseguiu o papel protagonista do filme Saint Joan, dirixido por Otto Preminger en 1957, papel para o que se recibiron ofertas de 18 000 candidatas.[2]
O ano seguinte rodou o seu segundo filme, tamén con Preminger, Bos días tristeza e a continuación O final da escapada, de Jean-Luc Godard, un dos fitos da Nouvelle Vague,[3] que a converteu nunha actriz coñecida en Europa. Non tivo a mesma sorte nos Estados Unidos, polo que seguiu a traballar en Europa.
Foi simpatizante das Panteras Negras, o que lle trouxo certas complicacións cos sectores máis reaccionarios de Hollywood, que organizaron campañas contra ela, facendo correr o rumor de que que estaba embarazada dun líder dos Panteras Negras.[4][5][6] Mesmo chegou a ser vixiada polo FBI.
Nalgunhas ocasións Seberg regresou aos Estados Unidos para rodar un filme, como Lilith (1964), un turbio drama psicolóxico con Warren Beatty,[3] e o western musical Paint Your Wagon (1969), con Clint Eastwood e Lee Marvin.
En 1979, antes de cumprir os 41 anos de idade, morreu en circunstancias non totalmente aclaradas.[7] O seu cadáver foi atopado no interior dun automóbil estacionado nunha rúa do barrio parisiense de Passy. Parece ser que Seberg foi unha persoa máis fráxil e vulnerable do que aparentaba e que se suicidou cunha sobredose de barbitúricos.[1][8] A súa filla Nana morrera aos dous días de nacer e Seberg nunca se recuperou do golpe. Aos dezaseis meses tamén se suicidou o seu home, o escritor Romain Gary.[6]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1957 | Saint Joan | Xoana de Arco | |
1958 | Bos días tristeza | Cecile | |
1959 | The Mouse That Roared | Helen Kokintz | |
1960 | O final da escapada | Patricia Franchini | |
1960 | Let No Man Write My Epitaph | Barbara Holloway | |
1961 | Les Grandes Personnes | Ann | Título alternativo: Time Out for Love |
1961 | La Récréation | Kate Hoover | Título alternativo: Love Play |
1961 | Five Day Lover | Claire | Título alternativo: L'amant de cinq jours |
1962 | Congo Vivo | Annette | |
1963 | In the French Style | Christina James | |
1964 | Les plus belles escroqueries du monde | Patricia Leacock | (episodio "Le Grand Escroq") (escenas suprimidas) |
1964 | Backfire | Olga Celan | Título alternativo: Échappement libre |
1964 | Lilith | Lilith Arthur | |
1965 | Un milliard dans un billard | Bettina Ralton | |
1966 | Moment to Moment | Kay Stanton | |
1966 | Line of Demarcation | Mary, comtesse de Damville | Título alternativo: La Ligne de démarcation |
1966 | A Fine Madness | Lydia West | |
1967 | Estouffade à la Caraïbe | Colleen O'Hara | |
1967 | Who's Got the Black Box? | Shanny | Título alternativo: The Road to Corinth |
1968 | Les oiseaux vont mourir au Pérou | Adriana | |
1968 | The Girls | Documentary | |
1969 | Pendulum | Adele Matthews | |
1969 | Paint Your Wagon | Elizabeth | |
1970 | Airport | Tanya Livingston | |
1970 | Ondata di calore | Joyce Grasse | Título alternativo: Dead of Summer |
1970 | Macho Callahan | Alexandra Mountford | |
1972 | Kill! Kill! Kill! Kill! | Emily Hamilton | |
1972 | Questa specie d'amore | Giovanna | Título alternativo: This Kind of Love |
1972 | Gang War in Naples | Luisa | Título alternativo: Camorra |
1972 | L'Attentat | Edith Lemoine | Títulos alternativos: Plot, The French Conspiracy |
1973 | La corrupción de Chris Miller | Ruth Miller | |
1974 | Les Hautes solitudes | Filme mudo con personaxes sen nome | |
1974 | Mousey | Laura Anderson / Richardson | Telefilme |
1974 | Ballad for the Kid | La star | Directora, guionista e produtora |
1975 | Bianchi cavalli d'Agosto | Lea Kingsburg | |
1975 | The Big Delirium | Emily | Título alternativo: Le Grand Délire |
1976 | Die Wildente | Gina Ekdal | Título alternativo: Die Wildente |
1979 | Le bleu des origines | ela mesma |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Coates-Smith,, Michael; McGee, Garry (2012). The Films of Jean Seberg. McFarland. p. 8. Consultado o 26 de novembro de 2016.
Final cause of death was left as 'probable suicide,'...
- ↑ "Seberg: Real-life Cinderella" by Peer J. Oppenheimer, The Palm Beach Post, April 28, 1957, p. 11
- ↑ 3,0 3,1 Charles Champlin. "Jean Seberg: A Hollywood tragedy", The Modesto Bee, 16 de setembro de 1979, páx. F6
- ↑ Richards, David (1981). Played Out: The Jean Seberg Story. Random House. p. 204. ISBN 0-394-51132-8.
- ↑ Allan M. Jallon "A journalistic lapse allowed the FBI to smear actress Jean Seberg", The Los Angeles Times, 14 de abril de 2002.
- ↑ 6,0 6,1 "Jean Seberg not reason for novelist's suicide, note says". Lakeland Ledger. 4 de decembro de 1980. p. 12D. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ "Charges filed in Seberg death". The Montreal Gazette. 23 de xuño de 1979. p. 41. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ Raith, Mark Alan (9 de xullo de 1981). "The Life and Death of Jean Seberg". Reading Eagle. p. 36. Consultado o 2 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bellos, David (2010). Romain Gary: A Tall Story. Londres: Harvill Secker
- Coates-Smith, Michael, and McGee, Garry (2012). The Films of Jean Seberg. Jefferson, NC: McFarland
- Guichard, Maurice (2008). Jean Seberg: Portrait francais. París: Editions Jacob-Duvernet
- McGee, Garry (2008). Jean Seberg – Breathless. Albany, GA: BearManor Media
- Moreuil, Francois (2010). Flash Back. Chaintreaux: Editions France-Empire Monde
- Munn, Michael (1992). Clint Eastwood: Hollywood's Loner. Londres: Robson Books
- Richards, David (1981). Played Out: The Jean Seberg Story. Random House
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista de Mike Wallace, 4 de xaneiro de 1958
- Website dedicated to Jean Seberg
- Movie Star: The Secret Lives of Jean Seberg, filme documental
- FBI Docs Jean Seberg FBI File