¡Forward, Russia!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
¡Forward, Russia!
Tocando en directo no Summer Sundae (Leicester), en agosto de 2006
OrixeLeeds, Inglaterra
Período2004 - 2008; 2013 - 2014
Xénero(s)indie rock, dance-punk, post-punk revival
Selo(s) discográfico(s)Cooking Vinyl, Dance to the Radio, Mute North America, Vinyl Junkie
MembrosTom Woodhead
Rob Canning
Katie Nicholls
Whiskas
Na rede
http://www.forwardrussia.com/
MySpace: forwardrussia Spotify: 78Gq4ZUZW4rFbOy6ejqFto Musicbrainz: 939af253-eb5d-43af-b12c-bfbabf544211 Songkick: 124515 Discogs: 481779 Allmusic: mn0000897270 Deezer: 1574415 Editar o valor em Wikidata

¡Forward, Russia! foi unha banda inglesa de música alternativa formada na cidade de Leeds, activa entre os anos 2004 e 2008 e refundada no 2013 para disolverse no 2014. O álbum de debut da banda, Give Me a Wall, foi gravado no 2006. Até o 2006, o grupo só titulaba os seus temas con números, seguindo a orde na que foron compostos. A banda usou en ocasións na tipografía do seu nome o chamado pseudocirílico, escribindo ¡FФЯWДЯD, RUSSIД!. Tivo unha paréntese na súa actividade despois de gravar o seu segundo álbum, Life Processes, en 2008, pero foi refundada para ofrecer un concerto o 30 de novembro de 2013 no Brudenell Social Club de Leeds, co gaio de celebrar o centenario do auditorio. Tras isto, decidiron continuar xuntos para preparar un novo concerto no Live at Leeds Festival, organizado polo concello de Leeds, que foi a súa derradeira actuación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros sinxelos[editar | editar a fonte]

¡Forward, Russia! formouse a principios do 2004 por Tom Woodhead e Rob Canning, antigos membros da banda de Leeds The Black Helicopters, máis os irmáns Katie Nicholls e Sam Whiskas Nicholls, que estiveran entre outras na banda de Leeds les Flames![1][2]. A banda deu o seu primeiro concerto en abril, continuando con demos que tiveron comentarios en importantes revistas musicais como Drowned in Sound e NME, que referiuse a eles como un "resplandor dun axitado punk-funk desde Leeds".

En abril de 2005, ¡Forward, Russia! gravou "Nine", un sinxelo de 7" compartido con This Et Al, realizado no selo habitual de Whiskas Dance To The Radio[3][4]. Este sinxelo tivo unha recensión en NME, que incluíuno no seu Radar. O sinxelo vendeuse por completo nunha semana[3].

No verán de 2005, Nicholls rematou os seus estudos no instituto e os demais deixaron os seus traballos para dedicarse á banda a tempo completo.

O sinxelo "Thirteen"/"Fourteen" foi gravado en agosto de 2005 en White Heat Records, seguido dunha xira polo Reino Unido. Ademais durante este ano, a banda foi sinalada na revista in NME como unha das precursoras da chamada escena musical New Yorkshire de Leeds (xunto a grupos como The Research, The Sunshine Underground, The Ivories e Black Wire)[5][6]. Seguidamente foron abreconcertos doutras bandas en bastantes ocasións para, finalmente, acadar a súa primeira xira como cabeza de cartel no Reino Unido, o que levou a banda a trinta e sete lugares diferentes.

O seguinte traballo da banda, "Twelve", apareceu en xaneiro de 2006, no selo Dance To The Radio, ocupando o 36º posto en UK Top 40.

Give Me a Wall[editar | editar a fonte]

O seu seguinte sinxelo, unha nova versión de "Nine", foi realizada en maio e precedeu ao álbum de debut Give Me a Wall, producida por Paul Tipler e presentada no Reino Unido o 15 de maio de 2006[7]. Neste tempo fixeron unha xira con We Are Scientists[7], tocaron xunto a The Automatic, The Long Blondes, Howling Bells e Boy Kill Boy no New Music Tour de 2006 organizado pola revista NME[3].

A banda asinou co selo Mute Records en Norte América, onde Give Me A Wall lanzouse o 19 de setembro de 2006. Un sinxelo dixital de "Thirteen", así como dous EPs cos principais temas de "Nine" e "Eighteen" foron publicados para apoiar o álbum. ¡Forward, Russia! visitou América catro veces, todas no 2006, para tocar no South by Southwest, no CMJ Music Marathon e en xiras con Scanners e Snowden. No Xapón a banda asinou co selo Vinyl Junkie Recordings. Ademais, Dance to the Radio distribuíu Give Me a Wall para o resto do mundo a través dun acordo con Cooperative Music. O álbum foi realizado na súa maior parte a finais de setembro e principios de outubro, mentres a banda facía unha xira por Europa.

"Eighteen", o cuarto tema sacado do álbum no Reino Unido, foi lanzado en xullo en CD e en dous formatos de 7" para sinxelo, acadando o número un na UK Indie Chart. O vídeo de "Eighteen" incluíu cameos de membros de The Pigeon Detectives, This Et Al e The Playmates.

"Nine" foi incluída na banda sonora do xogo do 2007 da PSP Burnout Dominator[8]. A versión orixinal de "Nine" foi producida por Richard Green, antigo membro de Ultrasound e The Somatics.

No ano 2006 tiveron unha curta xira no Reino Unido e aparicións en numerosos festivais británicos e europeos, así coomo actuacións nos Estados Unidos[9]. O grupo tocou nos festivais de Reading and Leeds Festival e Carling Weekend, aparecendo na NME/BBC Radio One Stage. A banda tamén tocou en novembro de 2006 no Spanking New Music Tour da MTV2 xunto a Wolfmother, The Maccabees e Fields[10]. "Nineteen" foi lanzado como o derradeiro sinxelo do álbum para dar apoio a esta xira.

No festival belga Pukkelpop Festival, a banda estreou o seu primeiro material post-Give Me A Wall, "Don't Be A Doctor", que foi así mesmo a primeira canción sen título numérico[11]. "Doctor..." foi gravado polo produtor de "Give Me A Wall" Paul Tipler en setembro de 2006 e publicado como un white label (traballo sen a etiqueta de selo discográfico) dunha soa cara gravado nun sinxelo de 10" o 12 de febreiro de 2007[9]. A gravación realizouse por vez primeira dixitalmente como unha parte da compilación do selo Dance To The Radio que levaba o título xenérico de "Out Of The Woods and Trees". Esta compilación ademais incluía rarezas de Howling Bells e The Pigeon Detectives.

O conxunto encabezou unha breve xira polo Reino Unido e Irlanda entre febreiro e marzo de 2007 a fin de mellorar a promoción neste área do seu álbum de debut.

Life Processes[editar | editar a fonte]

Despois dun secret show (actuación sorpresa) no que presentaron novo material, a banda procedeu a gravala en Seattle co produtor Matt Bayles[5][9]. No diario do seu blog de estudio foron mencionados numerosos títulos das novas cancións, incluíndo tres que habían sido presentadas na xira de principios do 2007. Un sinxelo tomado do álbum, titulado "Breaking Standing", foi o primeiro material desas sesións de estudio en ser publicado[12]. O álbum titulouse Life Processes e foi publicado no Reino Unido por Cooking Vinyl o 14 de abril de 2008[12], por Mute Records en Norte América en xuño e por Vinyl Junkie no Xapón o 26 de marzo do mesmo ano. A edición xaponesa incluíu os exclusivos temas extra "Reflection Symmetry" e "Don't Be A Doctor". O álbum, que de acordo ao escritor da revista SPIN Josh Modell exploraba "máis expansivos, máis progresivos territorios" que o seu predecesor, tivo unha recepción positiva pola crítica, como a de Drowned in Sound que o describe como un traballo "salpicado de momentos brillantes", e a de The Independent que sinala que o álbum "habilmente combina a ferocidade do punk-rock melódico co enxenio"[6][13][14].

Dobre disolución[editar | editar a fonte]

No 2008, a banda anunciou que tomaban a "decisión de descansar da súa actividade en ¡Forward, Russia!" e que non volverían a tocar ou gravar "nun futuro inmediato"[15][16]. O seu comunicado sinalaba que "a idea de facer outra xira sen nada novo que ofrecer era algo que non nos estusiasmaba a ninguén de nós"[15].

Katie Nichols trasladouse a Nottingham para comezar un curso de arte, mentres Woodhead traballaba como produtor[15]. A súa derradeira actuación coñecida celebrouse no Brainwash Festival, no Brudenell Social Club, o 17 de outubro de 2008[17]. En febreiro do 2009 anunciouse o ingreso de Whiskas en Duels como membro a tempo completo[18]. O 30 de marzo de 2013, a banda reactivouse en Twitter, dando comezo rumores dunha nova reunión ou reconstitución da formación, cousa que foi confirmada o luns 9 de setembro co anuncio dunha actuación que tería lugar no The Brudenell Social Club de Leeds o 30 de novembro de 2013, e a esta seguiulle unha segunda actuación na casa do concello de Leeds dentro do Live at Leeds Festival o 3 de maio de 2014, que finalmente resultou a súa derradeira actuación. O concerto no The Brudenell Social Club foi gravado e publicado en xaneiro de 2014 a través da auto-edición, contando cun total de quince temas[19], sendo mesturado por Lee Smith e masterizado por Tom Woodhead, sendo bautizado co sinxelo nome de Live at the Brudenell.

Estilo musical[editar | editar a fonte]

A música da banda foi descrita como "art rock", "agit-punk contemporáneo" e "dance-punk de alto voltaxe"[6][20][21]. Cando foi publicado "Give Me a Wall", a banda foi comparada con Bloc Party, mentres NME describiu o seu son "como unha peculiar versión inglesa do estilo emo"[20][22]. O segundo álbum da banda foi descrito por Pitchfork Media como "unha curiosa mestura de estudiado dance-punk e frenético hardcore"[23]

Jon Pareles, relatando unha actuación en directo do 2006 en The New York Times, manifestaba que "(as súas) cancións non se limitan a un pé e un refrán; están repletas de peculiaridades, e están impulsadas pola infatigable batería de Katie Nicholls. Os instrumentos únense para muscular, un funk bailable, e entón sepáranse como un puño que se abre de repente"[24].

A voz de Woodhead foi descrita como un "chío operístico post-hardcore"[25].

Membros da banda[editar | editar a fonte]

Traballos fóra da banda dos seus membros[editar | editar a fonte]

Katie remesturou o tema de I Was a Cub Scout titulado "I Hate Nightclubs"; a súa remestura gravouse coma un sinxelo extra que podía acadarse só online. Foi tamén nomeada ao premio de "Vexetariano Máis Sexy do Mundo" nos anos 2007, 2008 e 2009 polo Peta 2 (People for the Ethical Treatment of Animals), pero non gañou nunca[26][27][28].

Whiskas remesturou o tema "Long Happening" de Howling Bells baixo o nome de ¡Constructicons Form Devastator!, sendo presentado como un sinxelo extra dispoñible online e en 7"[29].

Woodhead tivo un proxecto electrónico paralelo chamado AnteAter[30], cunha soa gravación ata o momento: "Final Lekky", incluído na terceira compilación de Dance to the Radio titulada "Something I Learned Today", publicada en marzo de 2007. Ademais interpretou os coros vocais na canción de Yes Boss titulada "Tongues In Knots", contido no seu álbum "Look Busy"[31].

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Título Data de lanzamento Selo discográfico UK Singles Chart[32] Álbum
"Nine" abril de 2005 Dance to the Radio
"Thirteen" / "Fourteen" agosto de 2005 White Heat 74[33]
"Twelve" xaneiro de 2006 Dance to the Radio 36 Give Me a Wall
"Nine" maio de 2006 40
"Eighteen" xullo de 2006 44
"Nineteen" novembro de 2006 67
"Don't Be A Doctor" febreiro de 2007
"Breaking Standing" 7 de abril de 2008 Cooking Vinyl 195 Life Processes

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Forward Russia! Hard working Yorkshire quartet", en Clash, do 3-7-2006, consultado o 25-11-2015 (en inglés).
  2. Annan, Nick (2006) ""Forward Russia! ‘Weird’ and ‘amazing’" Arquivado 25 de novembro de 2015 en Wayback Machine., artigos en Clash, do 6-7-2006, consultado o 25-11-2015 (en inglés).
  3. 3,0 3,1 3,2 Wilson, MacKenzie "Biografía de ¡Forward, Russia! en Allmusic, consultado o 25-11-2015 (en inglés).
  4. Clarke, Betty (2006) "¡Forward, Russia!, Give Me a Wall", artigo publicado en The Guardian o 12-5-2006, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  5. 5,0 5,1 Mackay, Emily (2008) "¡Forward, Russia! LIFE PROCESSES", artigo en The Quietus do 11-4-2008, consultado o 25-11-2015 (en inglés).
  6. 6,0 6,1 6,2 Dosanjh, Ash (2008) "Album: ¡Forward Russia!, Life Processes (Cooking vinyl)", artigo en The Independent do 13-4-2008, consultado o 25-11-2015 (en inglés).
  7. 7,0 7,1 "Forward Russia Album, Single & Tour News", en This Is Fake DIY de 13-3-2006, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  8. Altizer, Roger "‘Burnout Dominator’ Soundtrack and Songlist" Arquivado 07 de xullo de 2011 en Wayback Machine., en about.com, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  9. 9,0 9,1 9,2 Biografía de ¡Forward Russia! Arquivado 19 de setembro de 2012 en Wayback Machine., en Drowned in Sound, consultado o 9-6-2012 (en inglés).
  10. "¡Forward Russia! And Wolfmother Announce Tour", en This Is Fake DIY de 3-6-2006, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  11. Denney, Alex (2007) "¡Forward Russia! ‘Don't Be A Doctor’" Arquivado 13 de agosto de 2017 en Wayback Machine., en Drowned in Sound de 7-2-2007, consultado o 9-6-2012 {´{en}}.
  12. 12,0 12,1 "¡Forward Russia! announce new album details", en NME do 12-2-2008, consultado o 9-6-2012 (en inglés).
  13. Modell, Josh (2008) "¡Forward, Russia! ‘Life Processes’", en SPIN de agosto de 2008, páxina 100, consultado o 10-6-2012 (en inglés)
  14. Patashnik, Ben (2008) "¡Forward Russia! ‘Life Processes’" Arquivado 13 de agosto de 2017 en Wayback Machine., en Drowned in Sound do 28-3-2008, consultado o 9-6-2012 (en inglés).
  15. 15,0 15,1 15,2 "Forward, Russia to split?", en NME de 13-8-2008, consultado o 9-6-2012 (en inglés).
  16. "¡Forward, Russia! Announce Split" Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine., en MTV de 14-8-2008, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  17. Webb, Rob (2008) "¡Forward, Russia! announce last show... for now?" Arquivado 15 de xullo de 2012 en Wayback Machine., en Drowned in Sound, consultado o 9-6-2012 (en inglés).
  18. "Now we are five" Arquivado 02 de maio de 2014 en Wayback Machine., na páxina da banda, Duelsmusic.co.uk. Consultado o 13-5-2012 (en inglés).
  19. Bandcamp.com, ligazón ao traballo Live at the Brudenell.
  20. 20,0 20,1 Snodgrass, James (2006) "¡Forward, Russia!: Give Me A Wall", en NME de 15-5-2006, consultado o 9-6-2012 (en inglés).
  21. Marcus, Laura (2006) "¡Forward Russia! March Through NYC", en SPIN de 29-11-2006, consultado o 9-6-2012 (en inglés).
  22. Berman, Stuart (2006) "¡Forward, Russia! ‘Give Me a Wall’", en Pitchfork Media de 1-8-2006, consultado o 9-6-2012 (en inglés).
  23. Orme, Mike (2008) "¡Forward, Russia! ‘Life Processes’", en Pitchfork Media de 22-7-2008, consultado o 9-6-2012 (en inglés).
  24. Pareles, Jon (2006) Music Review: ‘¡FORWARD, RUSSIA!’ Postpunk Resurrected Anew", en The New York Times de 30-11-2006, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  25. Ackroyd, Stephen (2006) "¡Forward, Russia - Give Me A Wall", en This Is Fake DIY, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  26. "PETA2 kicks off “Sexiest Vegetarian” contest with Matt Skiba, Dan Yemin, Davey Havok, MacKaye", en punknews.org do 25-5-2007, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  27. "Milano and Iero: World's Sexiest Vegetarians for 2008!" Arquivado 01 de xullo de 2012 en Wayback Machine., en peta2.com, consultado o 25-11-2015 (en inglés).
  28. "The 2009 World's Sexiest Vegetarians Are..." Arquivado 27 de maio de 2012 en Wayback Machine., en peta2.com, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  29. Diver, Mike (2007) "Many happenings: Howling Bells tour, release single" Arquivado 25 de novembro de 2015 en Wayback Machine., en Drowned in Sound do 10-1-2007, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  30. Goodyear, Oliver (2005) "Friday 15/04/05 AnteAter, Duels, This Et Al, Kubichek!, O Fracas, The KBC, Kenosha @ Joseph's Well, Leeds", en Gigwise.com de 17-4-2005, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  31. Cordor, Cyril Biografía de Yes Boss en Allmusic, consultado o 25-11-2015 (en inglés).
  32. 32,0 32,1 "Forward Russia" (ligazón á páxina web de OCC), en Chart Stats, consultado o 10-6-2012 (en inglés).
  33. Roberts, David (2006). British Hit Singles & Albums (19ª ed.). Londres: Guinness World Records Limited. p. 208. ISBN 1-904994-10-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]