Black Wire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Black Wire
OrixeLeeds, Inglaterra Inglaterra
Período20032007
2013 – presente
Xénero(s)post-punk
Selo(s) discográfico(s)48 Crash
MembrosDaniel Wilson
Si McCabe
Tom Greatorex
Danny Prescott
Na rede
MySpace: blackwireuk Bandcamp: blackwire1 Musicbrainz: ec2a35eb-e7e7-40bf-9c0c-1593a12e0cd3 Songkick: 424189 Discogs: 350078 Editar o valor em Wikidata

Black Wire é unha banda inglesa de post-punk formada en Leeds no ano 2003.[1] O grupo separouse en agosto de 2007[2] tras publicar un único álbum, pero reformaríase en 2013.[Cómpre referencia]

Historia[editar | editar a fonte]

Black Wire formouse en xaneiro de 2003 e realizou o seu primeiro concerto ás poucas semanas no club Pigs de Leeds.[1] Posteriormente realizou longas xiras con bandas como Bloc Party, The Libertines, Hard-Fi, The Cribs, Kaiser Chiefs e The Futureheads.[3] O seu sinxelo de estreae, "Attack! Attack! Attack!", foi seleccionado pola NME como sinxelo da semana.[4] A comezos de of 2006 a banda realizou unha xira europea e tocou en Italia, Francia e Alemaña, e tamén unha polos Estados Unidos, tocando en San Francisco, Chicago, Os Ánxeles e Nova York. A banda xirou novamente por Europa en xuño de 2007 co grupo londiniense Art Brut.

O título da exitosa canción de Kaiser Chiefs "I Predict A Riot" baseouse nun concerto de Black Wire en 2004, cando a banda tocou novamente no Pigs de Leeds. A súa intensa actuación causou que o público invadise o escenario, momento no cal os gardas de seguridade comezaron a expulsar tanto ao público como a membros do grupo, causando que o batería de Kaiser Chiefs Nick Hodgson exclamase ao dono do local "I predict a riot".[5]

Dan Wilson, que estudara nunha escola artística, deseñou e debuxou as portadas dos tres primeiros sinxelos.

O seu álbum de estrea, Black Wire, foi publicado a principios de 2005 a través de 48 Crash, un selo discográfico que deixaron en 2006 debido a inconsistencias , due to inconsistencies nas contribucións da compañía e na súa ética no traballo. A banda estivo traballando en material novo para ser editado en 2007, pero finalmente separouse en agosto dese ano.[3]

McCabe e Prescott actuaron co nome Lord Auch, mentres que Wilson e Greatorex formaron Televised Crimewave. ämbalasdúas bandas disolvéronse no ano 2010.

No ano 2013 o grupo reformouse e realizou varios concertos no mes de decembro.

En abril de 2020 a banda publicou cancións inéditas gravadas no ano 2006 como o seu segundo álbum, Confetti, a través de Bandcamp.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Black Wire 2005 48 Crash
Confetti 2020 autoeditado

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Warren, Emma (2004-10-17). "Black wire profile". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-07-14. 
  2. NME (ed.). "Leeds band Black Wire announce split". Consultado o 26 de abril de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Leeds band Black Wire announce split". NME (en inglés). 2007-08-17. Consultado o 2020-07-14. 
  4. "10 Years On: What Are The Stars Of 2005 Indie Doing Now?". NME (en inglés). 2015-09-02. Consultado o 2020-07-14. 
  5. "What Kaiser Chiefs' I Predict A Riot Tells Us About Leeds' 00s Club Scene". Radio X (en inglés). Consultado o 2020-07-14. 
  6. "CONFETTI, by Black Wire". Black Wire. Consultado o 2020-07-14.