Zoran Tegeltija

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZoran Tegeltija

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Mrkonjić Grad (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente do Consello de Ministros de Bosnia e Hercegovina
23 de decembro de 2019 – 25 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBosnia e Hercegovina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sarajevo (pt) Traducir
Alfa BK univerzitet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAlliance of Independent Social Democrats (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Zoran Tegeltija (en serbio cirílico: Зоран Тегелтија), nado en Mrkonjic Grad o 29 de setembro de 1961, é un político serbio de Bosnia e Hercegovina, actual presidente do Consello de Ministros de Bosnia e Hercegovina.

É economista e membro da Alianza de Socialdemócratas Independentes. Foi tamén ministro de Facenda da República Serbia, alcalde de Mrkonjic Grad, membro do Parlamento bosníaco e presidente da Federación de Baloncesto da República Serbia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 29 de setembro de 1961 en Mrkonjic Grad, onde asistiu á escola primaria e á secundaria. En 1986 licenciouse na Facultade de Económicas da Universidade de Saraxevo. Realizou un máster que rematou en 2004 e no 2007 doutorouse na Universidade de Janicije e Danica Karic en Belgrado. Está casado e ten dous fillos.[1]

Entre outros traballos, foi empregado na refinaría de petróleo, na Administración tributaria e na administración aduaneira da República Serbia. No período comprendido entre 2000 e 2002 foi membro da Asemblea Nacional da República Serbia e, posteriormente, presidente da Comisión Estatal de Cruzamento de Fronteiras de Bosnia e Hercegovina.[1]

En 2004 foi elixido alcalde de Mrkonjic Grad e reelixido en 2008.[2] É membro da Alianza de Socialdemócratas Independientes.

Foi elixido ministro de Finanzas de República Serbia pola Asemblea Nacional de República Serbia o 29 de decembro de 2010 como membro do goberno de Aleksandar Dzombic.

En decembro de 2019 o Parlamento de Bosnia e Hercegovina votou a favor da súa investidura como novo primeiro ministro.[3]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Zoran Tegeltija" (en bosníaco). Consultado o 18 de decembro de 2019. 
  2. "Izbori 2008". www.izbori.ba (en bosníaco). Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2013. Consultado o 18 de decembro de 2019. 
  3. "El Parlamento de Bosnia respalda al serbobosnio Zoran Tegeltija como primer ministro" (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 5 de decembro de 2019.