Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ziyi Zhang (chinés: 章子怡; pinyin: Zhāng Zǐyí) nada o 9 de febreiro de 1979 en Pequín, é unha actriz de cine chinesa. É unha das actrices do seu país con máis éxito internacional. Ten traballado con directores como Zhang Yimou, Ang Lee, Wong Kar-Wai, Seijun Suzuki e Rob Marshall.
Traxectoria [editar]
Filla dun economista e dunha mestra, os cales a inscriben a curta idade na escola de danza. Ziyi Zhang comeza a facerse notar ó gañar un concurso de danza nacional ós 15 anos. É entón cando o director Zhang Yimou a contrata para o filme O camiño a casa (Wo de fu qin mu qin), acerca dunha estudante que se namora do seu mestre. A forza da súa actuación agrada ós xornais do seu país, e menos de tres meses despois é chamada a protagonizar Wò hǔ cáng lóng, aclamada pola crítica internacional, ovacionada no Festival de Cannes e que se converte no filme estranxeiro máis taquilleiro da historia dos Estados Unidos. Dende entón a súa figura faise máis notable e é contratada para a súa primeira longametraxe estadounidense Hora punta 2, xunto ó taquilleiro Jackie Chan. Lamentablemente, a baixa calidade deste filme e a súa pouca aceptación afástana momentaneamente de Hollywood. En 2004 protagoniza A casa das dagas voadoras, que lle valeu un nomeamento á mellor actriz nos premios BAFTA e de novo o recoñecemento internacional, polo que é chamada por Steven Spielberg para protagonizar xunto a Ken Watanabe a súa produción Memorias dunha gueixa, filme polo cal obtén o seu primeiro nomeamento ó Globo de Ouro.
Filmografía [editar]
Galardóns e nomeamentos [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]