A casa das dagas voadoras
| A casa das dagas voadoras | |
|---|---|
| Título orixinal | 十面埋伏 - Shí miàn mái fú |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Zhang Yimou |
| Produtor | William Kong Zhang Yimou |
| Guión | Peter Wu Bin Wang Zhang Yimou |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Andy Lau Takeshi Kaneshiro Zhang Ziyi Song Dandan |
| Música | Shigeru Umebayashi |
| Fotografía | Zhao Xiaoding |
| Montaxe | Long Cheng |
| Estudio | |
| Distribuidor | Sony Pictures Classics |
| Ano | 2004 |
| Duración | 119 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama, Amor |
| Orzamento | $12,000,000[1]. |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
A casa das dagas voadoras (en chinés 十面埋伏 - pinyin Shí miàn mái fú) é un filme de xénero wuxia do ano 2004, dirixida por Zhang Yimou.
Índice |
[editar] Argumento
Corre o ano 859 a.C. e a dinastía chinesa Tang, outrora poderosa, entrou en decadencia. O malestar esténdese por todo o país, e o corrupto goberno ten que enfrontarse en todas partes con exércitos rebeldes. O máis poderoso é o da "Casa das Dagas Voadoras", que se está a facer cada vez máis forte grazas a un novo e misterioso líder. Dous capitáns, Leo e Jin, reciben a orden de capturalo e para iso artellan un minucioso plan. O capitán Jin finxe ser un guerreiro solitario chamado Vento e saca da cadea á revolucionaria cega Mei, que o levará ata o cuartel xeral da Casa das Dagas Voadoras, pero durante a viaxe, Jin e Mei namóranse profundamente.
[editar] Galardóns e nomeamentos
- 2004: Nomeada ó Oscar: Mellor fotografía (Zhao Xiaoding).
- 2004: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor película de fala non inglesa.
- 2004: 9 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor son, vestiario, efectos especiais.
- 2004: National Board of Review: Mellor deseño de produción.
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ficha en Filmffinity (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)
- All Rovi (en inglés)
- Web Oficial (en inglés)