Zeugopterus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zeugopterus punctatus.

Zeugopterus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos escoftálmidos,[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por primeira vez polo naturalista almán Carl Moritz Gottsche.[1]

Especies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense dentro deste xénero dúas especies:[1][2]

Xénero Zeugopterus

Unha terceira especie anteriormente considerada, Zeugopterus norvegicus (Günther, 1862) está hoxe clasificada como Phrynorhombus norvegicus (Günther, 1862).[1]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Este xénero é endémico do Atlántico setentrional. A especie Zeugopterus regius está, ademais, presente no mar Mediterráneo.[5]

Viven sobre fondos rochosos a profundidade media e baixa.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Cladograma da familia dos escoftálmidos:

Scophthalmidae 
 Zeugopterus 

Zeugopterus punctatus

Zeugopterus regius

Lepidorhombus

Phrynorhombus

Scophthalmus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Zeugopterus Gottsche, 1835 no WoRMS.
  2. Especies de Zeugopterus en FishBase.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  4. Citada por Laherta e Vázquez como Phrynorhombus regius.
  5. Zeugopterus regius Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na Encyclopedia of Life.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]