Yayoi Kusama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yayoi Kusama (草間 彌生 ou 草間 弥生), nada o 22 de marzo de 1929, é unha artista e escritora xaponesa. Ao longo da súa carreira traballou nunha ampla variedade de medios, incluíndo pintura, collage, escultura, performance art ou land art, nos cales destaca a súa temática interesada polos colores psicodélicos, as repeticións e os patróns.

Nada en Matsumoto, Nagano nunha familia de clase media-alta, Kusama comezou a crear arte a unha idade temprana. Cansada do estilo de pintura nihonga que estudaba en Kioto dende 1948, interesouse polas vangardas europeas e americanas, organizando as súas primeiras exposicións en solitario en Matsumoto e Tokio durante a década dos 50s. En 1957 mudouse aos Estados Unidos, asentándose na cidade de Nova York onde produciu unha serie de pinturas influenciadas polo movemento do expresionismo abstracto. Coa adopción da escultura e as instalacións como os seus medios primarios, Kusama converteuse nunha figura da vanguardia neoyorquina, exhibíndo a súa obra xunto a de personalidades como Andy Warhol, Claes Oldenburg ou George Segaldurante os principios da década dos 60s, onde tamén foi frecuentemente asociada ao movemento do pop art. Aproveitándose do xurdimento da contracultura hippy de finais dos 60s, Kusama atraeu a atención pública ao organizar unha serie de Body Festivals onde participantes espidos eran pintados con lunares de cores brillantes.