Xogos Náuticos Intercélticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Os Xogos Náuticos Intercélticos son unha competición deportiva internacional que se organiza con carácter anual e onde participan un catálogo pechado de estados, nacións e rexións da Europa atlántica.

Organización[editar | editar a fonte]

Os Xogos Náuticos Intercélticos foron creados en 1995 na Bretaña e neles dispútanse competicións de vela, remo, mergullo, surf e piragüismo.

As entidades xeográficas participantes son: Asturias, Bretaña, Canarias, Cornualla, Escocia, Euscadi, Gales, Galicia, Illa de Man, Irlanda e Portugal.

Os Xogos Náuticos Intercélticos van acompañados de distintas celebracións culturais.

Edicións dos Xogos[editar | editar a fonte]

Ano Evento Sede País/Rexión
1995 I edición Presqu’île de Crozon Bretaña
1996 II edición Tenby Gales
1997 III edición Ferrol Galicia
1998 IV Edición Bude Cornualla
1999 V edición Largs Escocia
2000 VI edición Xixón Asturias
2001 VII edición Porto Norte de Portugal
2002 VIII edición Ballyshannon Irlanda
2003 IX edición País de Morlaix Bretaña
2004 X edición O Salnés Galicia
2005 XI edición Xixón Asturias
2006 XII edición Cornualla Cornualla
2007 XIII edición País de Morlaix Bretaña
2008 XIV edición Getxo e Sopelana País Vasco
2009 XV edición Viana do Castelo Norte de Portugal
2010 XVI edición Santander Cantabria