Xaquín Xesteira Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXaquín Xesteira Losada

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Cambados, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , mestre Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGaita galega, Instrumento de percusión, frauta travesa e óboe Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAnxo Xesteira Serrano Editar o valor em Wikidata

Facebook: xaquin.xesteiralosada Editar o valor em Wikidata

Xaquín Xesteira, nado en Cambados o 29 de agosto de 1971, é un músico galego. A súa especialidade é a gaita e o tamboril.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Cambados en 1971 nunha familia con tradición musical (o seu avó fundou unha orquestra, e súa nai foi profesora de solfexo e piano de varias xeracións de cambadeses[1]), e comezou a interesarse pola música tradicional galega desde os tres anos. Aos catro anos participou na súa primeira actuación.

Comezou os seus estudos musicais na Sociedade Cultural de Cambados, tocando o tambor. No grupo de música tradicional de Vilariño (Cambados) comezou coa gaita. No Conservatorio Superior de Música de Vigo recibiu os estudos relacionados con este instrumento. Entre outros, tivo como mestres a Nando Casal (Milladoiro) e a Carlos Núñez. É membro dos grupos Os Faíscas de Solobeira, da banda de música de Castrelo e de Treixadura. Ademais, colaborou con Fuxan os Ventos, Na Lúa, ou Milladoiro[2].

Foi produtor artístico dos traballos discográficos da Agrupación Abertal da Rúa, Pedraquetiña (Toutón, Mondariz) e Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela). Compoñente e cofundador do grupo Treixadura con quen ten editado 8 traballos discográficos; e tamén é compoñente do grupo Os Faíscas de Solobeira.

Presidente da Fundación SonDeSeu, director artístico e coordinador das seccións de contrabaixo, canto, gaita e percusión da orquestra folk SonDeSeu. Dendo xuño de 2015 é director do coro Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, con quen editou o traballo discográfico O corazón aberto (2018).

Gaiteiro no grupo Os Xesteira xunto coa súa familia.

Na actualidade, é profesor de gaita e percusión na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo. Ten publicado un Método de Gaita Galega publicado en dous volumes por Edicións do Cumio (anos 2004 e 2007).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Solfeo es una obligación familiar". La Voz de Galicia. 7 de febreiro de 2010. 
  2. "Páxina web antiga de Treixadura". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 14 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]