SonDeSeu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SonDeSeu
SonDeSeu nun concerto en Lugo en xullo de 2015.
OrixeVigo, Galicia Galiza
Período2001 – actualidade
Xénero(s)Folk , música galega
Na rede
sondeseu.org
Facebook: OFGSonDeSeu Instagram: sondeseu_orquestra_folk Youtube: UCudWVKqMq2fW8uhopc50bfw Editar o valor em Wikidata

SonDeSeu é a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galiza, considerada como unha das primeiras orquestras folk de Europa,[1] formada por 67 membros e dirixida por Rodrigo Romaní. É tamén unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galiza, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

SonDeSeu en concerto, 2010.

Naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, hoxe Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, ETRAD,[2] experiencia singular que persegue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Dende entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama español e internacional. Con cinco discos de estudio: Mar de Vigo (2003), Trastempo (2007), Barlovento (2010) e Danzas Brancas (2013) e Beiralúa (2018), e a realización de numerosos concertos en Francia, Italia, Irlanda, Portugal, Finlandia e España, SondeSeu conta no seu haber con numerosos recoñecementos públicos. Os concertos ao vivo son unha celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana no que o público, integrado por xente de diversa idade e procedencia cultural, toma parte activa. Na actualidade, en colaboración co Concello de Vigo, SonDeSeu lidera o proxecto ENFO[3] (European Network of Folk Orchestras) no que se está a impulsar a creación de novas orquestras por toda Europa para consolidar unha rede estable de participación e intercambio. Empregan instrumentos construídos no país por artesáns, algúns dos cales pertencen á orquestra.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Integrantes da orquestra[editar | editar a fonte]

A orquestra está dirixida por Rodrigo Romaní e organízase en seccións instrumentais a cargo dun mestre. As seccións compóñense dos seguintes integrantes:[6]

Sección Integrantes Mestre de sección
Arpa Laura Barreiro, Marta Barreiro, Leticia R. Pais, Inés Lorenzo, Nicolá le Creurer, Olalla Vidal e Beatriz Martínez. Rodrigo Romaní
Canto María José Balado, Anaïs Barbier, Marta Collazo, Ánxela Conde, Ana María Domínguez, Alba Faro, Pilar González, Sara Malvido, Rosa Martínez, María Mercedes Pazos, María Teresa Santamaría, Itziar Solar, Raquel Valcarce, Marcia Vásconez e Carme López. Javier Feijoo “Xisco"
Bouzouki Marta M. Valladares, Samuel Soto e Diego Langarica Xosé Liz
Contrabaixo Angela Covelo e Alba Valverde. Rodrigo Romaní
Gaita Marina F. Vigo, Xosé L. Sanromán, Jesús "Sito" Muíños, Antonio Prieto, Anxo Pérez e Iván Lobato. Xaquín Xesteira
Percusión Marilú Campos, Javier Figueroa, Eva González, Anxo Pardo e David Vicente. Xaquín Xesteira
Requinta Pilar Vieira, Juan Carlos Crespo, Jaime Rebollo e Beatriz Rodríguez Xosé Liz
Violín Marina Carpente, María Jorge, Nuria Méndez, María Pérez, Begoña Riobó, Felipe Rodicio, Francisco Táboas, José Ángel Varela, Rosa Míguez, Elena Fernández e Isaura Framil. Alfonso Franco
Zanfona Liliana Carro, Iván Costa, Sandra Fernández, Teresa Gómez, Paz Martínez, María Muras, Francisco Antonio Pereiro e José Luis Simal. Anxo Pintos

Distincións[editar | editar a fonte]

En 2011 conseguiu o premio da Crítica Galicia de Música.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. xornal A Nosa Terra, 1-4-2010, páx. 27
  2. "ETRAD". Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  3. "ENFO". Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "SonDeSeu - Discografía". Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  5. sondeseu.org (ed.). "Beiralúa". Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  6. sondeseu.org (ed.). "Quen somos?". Consultado o 8 de xuño de 2018. 
  7. "A OFG Sondeseu distinguida co premio da crítica de música 2011". Consultado o 8 de xuño de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]