Wilhelm Bleek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilhelm Heinrich Immanuel Bleek.

Wilhelm Heinrich Immanuel Bleek, nado en Berlín (daquela pertencente ao reino de Prusia) o 8 de marzo de 1827 e finado o 17 de agosto de 1875, foi un lingüista alemán. O seu traballo máis importante foi Gramática Comparativa das Linguas Surafricanas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o fillo maior de Friedrich Bleek, profesor de teoloxía nas universidades de Berlín e de Bonn, e de Augusta Charlotte Marianne Henriette Sethe. De 1845 a 1848 estudou teoloxía en Bonn e máis tarde marchou a Berlín para estudar hebreo, onde foi estudante de Carl R. Lepsius. A súa tese de doutoramento (1851) tratou sobre a clase dos substantivos. En 1853, foi a África a estudar as linguas khoisan e as linguas bantús e comezou a escribir unha gramática do zulú. Na súa grande obra, Gramática Comparativa, estudou os prefixos dos substantivos das linguas bantú e introduciu un sistema numeral de clases que xa non se emprega hoxe en día.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Handbook of African, Australian and Polynesian Philology. (3vols.) Cape Town - London, (1858–63)
  • A Comparative Grammar of South African Languages. London, Trübner & Co. (1862: Part I; 1869: Part II)
  • Reynard the Fox in South Africa; or Hottentot Fables and Tales. (Chiefly translated from original manuscripts in the library of His Excellency Sir George Grey) London, Trübner & Co. (1864)
  • Über den Ursprung der Sprache. (Herausgegeben mit einem Vorwort von Dr. Ernst Haeckel.) Weimar, H. Böhlau (1868)
  • Specimens of Bushman Folklore. (by Wilhelm Bleek and Lucy Lloyd) London, G. Allen (1911)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]