Wikipedia:Votacións para borrar/San Martiño de Fóra de Bueu, Bueu
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
San Martiño de Fóra de Bueu, Bueu[editar a fonte]
Segundo conversa:San Martiño de Fóra de Bueu, Bueu.
- Borrar
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 20:15, 13 de xullo de 2011 (UTC)
- Borrar --Atobar (conversa comigo) 20:49, 13 de xullo de 2011 (UTC)
- Borrar --Elisardojm (conversa) 08:29, 6 de outubro de 2011 (UTC) Puxen a información na conversa do artigo.
- Borrar Agora o Nomenclátor de Galicia da 5, como espressado por Elisardo na páxina de conversa xa non temos fio para dubidas --Elvira (conversa comigo) 21:02, 6 de outubro de 2011 (UTC)
- Borrar Véxase comentarios máis abaixo--Alfonso mande 11:40, 9 de outubro de 2011 (UTC)
- Borrar Pedro --Lameiro (conversa) 12:16, 9 de outubro de 2011 (UTC)
- Manter
- Agardar
- Agardar o nomenclator ainda esta en proxecto, e non sei si Bueu foi revisado,
- o nomenclator non atopa San Martiño de Fóra, pero indica 6 parroquias dascales dùas chamanse San Martiño (é de supor en espera de rematar)
- atopei isto, onde se fala das entidades de poboacìon e en Beu, falase de BUEU (S. MARTIÑO FORA P.) e de BUEU (SAN MARTIÑO P.) ? Pero pode estar ben de borralo, e logo crealo no caso de aparecer no remate do nomenclatòr . Non sei o que é mellor--Elvira (conversa comigo) 01:07, 14 de xullo de 2011 (UTC)
Agardar Dá a impresión que ese San Martiño de Fóra é unha realidade de facto: o BOP de Pontevedra é unha fonte fiable; pero non constitúe parroquia tal como as define e cataloga o Nomenclátor, que para isto é a nosa referencia. Por iso creo que debe desaparecer na súa estrutura actual de parroquia (ollo co que dicimos en Bueu, Bueu, que é a verdadeira parroquia) pero quedar como entrada, explicando no texto a súa peculiar situación. Claro que si, na práctica, funciona como un barrio, non tería entidade enciclopédica, e aconsellaría o borrado. Tamén podemos mandar a Paradanta a que se entere e nos conte o que din os lugareños. Pedro --Lameiro (conversa) 16:39, 7 de outubro de 2011 (UTC)
- Comentarios
ComentarioO problema penso que é pola diferencia entre as parroquias eclesiásticas e as administrativas. Os artigos das parroquias penso que se refiren ás parroquias administrativas que son as, digamos, "oficiais". Por iso non lle vexo moito xeito que se lle vaia preguntar ós parroquianos porque eles o que seguramente coñecerán serán as eclesiásticas. Así que temos un dilema, guiarnos polo Nomenclátor ou polo BOP, o concello parece que tampouco sabe moi ben cántas parroquias administra ;). Eu como vexades, se seguimos o BOP entón queda, se seguimos o Nomenclátor entón marcha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:36, 7 de outubro de 2011 (UTC)
- Pois acabo de revisar o Nomenclátor cun pouco máis de profundidade e xa non entendo nada, a verdade é que non o uso moito, a ver si vós vedes qué lle pasa. Si vou a [1] e poño como concello Bueu sáeme unha suposta lista de tódolos lugares de Bueu coa parroquia á que pertencen e só hai 3 parroquias, Beluso, Bueu e Cela. E logo se nesa páxina busco Ermelo ou Ons, lugares que non saen ó consultar o concello de Bueu, aparecen nas parroquias de Illa de Ons, A (San Xoaquín) e de Ermelo (Santiago)..., que di que son do concello de Bueu..., pero, en que quedamos?? :). Xa non sei nada, pero o que si teño claro agora é que este San Martiño de Fóra ten que ir fóra da Galipedia ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:37, 8 de outubro de 2011 (UTC)
Que din as outras enciclopedias galegas?:
Concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Morrazo, diocese de Santiago de Compostela e partido xudicial de Marín. Bueu limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste cos municipios de Marín e Moaña, ó sur co concello de Cangas e ó oeste coa ría de Aldán. Ocupa unha superficie de 31 quilómetros cadrados (dos cales 10 son insulares) e, segundo o padrón municipal de 2002, a súa poboación ascende a 12.469 habitantes distribuídos en 5 parroquias: Beluso (Santa María), Bueu (San Martiño), Cela (Santa María), Ermelo (Santiago) e A Illa de Ons (San Xoaquín). En conxunto, integran este concello un total de 53 aldeas. A densidade de poboación é elevada: 402,2 habitantes por quilómetro cadrado. A súa capital, Bueu, dista 19 quilómetros da cidade de Pontevedra.Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (negras engadidas, no mapa aparecen 4 parroquias continentais máis a Illa de Ons)
Porén, ollo á Enciclopedia Galega Universal. No texto tamén di que son cinco. No mapa aparecen cinco. E no cadro de datos aparecen ... seis!
"Concello ... Situado na península do Morrazo, que separa as rías de Vigo e Pontevedra, ocupa 30,8 km 2 cunha poboación de 12.440 h (2007), distribuídos nas parroquias de Beluso, Bueu (San Martiño e Santa María), Cela, Ermelo e A Illa de Ons. ..." (negras engadidas).
Parroquia | Extensión | Poboación | Densidade | Núcleos |
---|---|---|---|---|
Beluso: | 9 km² | 2905 h | 322.78 h/km² | 14 |
Bueu: | 7 km² | 3637 h | 519.57 h/km² | 19 |
Bueu: | 7 km² | 3749 h | 535.57 h/km² | 19 |
Cela: | 6 km² | 2005 h | 334.17 h/km² | 19 |
Ermelo: | 3 km² | 73 h | 24.33 h/km² | 1 |
Illa de Ons, A: | 4 km² | 71 h | 17.75 h/km² | 1 |
TOTAL | 36 km² | 12440 h | 345.56 h/km² | 73 |
Eu creo telo claro. Todos os que din 5 tiraron do Nomenclator e nos casos en que aparecen 6 é que tiraron do Instituto Nacional de Estatística, que cometeu algún erro é duplicou unha parroquia. --. HombreDHojalata.conversa 07:24, 8 de outubro de 2011 (UTC)
- Véxase o que di o Instituto Nacional de Estatística. So contempla tres parroquias. Nótese que hai cinco liñas de datos porén as tres últimas son idénticas.
- Temos, entón, algúns que fan 5 parroquias e outros agrupan tres delas para deixar 3 parroquias en total. Non hai maneira, por tanto, de soster, como está facendo a Galipedia, que hai 6 parroquias. O que pode ocorrer, se seguimos a manter o erro, como ocorre moitas veces, é que a Wikipedia se converta en fonte de moitas outras páxinas web e traballos, e o erro se espalle e chegue a ser unha verdade referenciada.
- A ver se alguén máis concorda co borrado para poder proceder a arranxar isto--. HombreDHojalata.conversa 08:47, 9 de outubro de 2011 (UTC)
Estou a mirar a Gran Enciclopedia Galega do ano 1974 e pon tan soo 4 parroquias (Bueu, Cela, Ermelo e Illa de Ons non fai mención a Beluso) e no apencice 2000-2005 de dita enciclopedia di que ten seis parroquias pero non as menciona e no Galicia pueblo a pueblo editado pola Voz de Galicia non fai mención as parroquias pero no mapa que edita aparecen 5 parroquias. A verdade é que teño un cacao conmigo monumental e penso que se deveria borrar ainda que a ser posible facendo mención a esta situación.--Alfonso mande 11:40, 9 de outubro de 2011 (UTC)
- Ata agora parece claro que son 5, por maioria abrumadora de fontes e porque así o di o Nomenclator: Beluso (Santa María), Bueu (San Martiño), Cela (Santa María), Ermelo (Santiago) e A Illa de Ons (San Xoaquín). O problema que nos queda por resolver é ese San Martiño de Fóra, que semella ser unha subdivisión de Bueu (San Martiño) que, daquela, podería mencionarse dentro do texto de Bueu (San Martiño). Nos datos da EGU fixádevos que di 5 parroquias e no cadro dá 6, pero as dúas chamadas Bueu miden 7 km e teñen 19 entidades, o que me ratifica na idea de que falan do mesmo: San Martiño de Bueu o que sería o casco e San Martiño de Fóra todo o resto (isto é, claro, un supoñer). Teño un mapa das parroquias de Galicia e tamén fala de 5 (unha delas San martiño, sen adxectivos). Creo que, para os nosos efectos, a cousa está clara, aínda que habería que citar estas "contradicións" no artigo Bueu ou no artigo de San Martiño de Bueu. Pedro --Lameiro (conversa) 12:16, 9 de outubro de 2011 (UTC)