Wikipedia:O artigo perfecto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O artigo perfecto da Wikipedia...

  • enche un oco; procura primeiro os artigos relacionados co tema.
  • ten un bo título de xeito que poida ser ligado e atopado facilmente, seguindo as convencións dos nomes.
  • comeza cunha descrición clara do tema; a introdución explica as partes máis importantes e significativas, sendo precisa, pero sen excesivo detalle.
  • non é unha entrada de dicionario, cunha definición e unha explicación de como se emprega un termo.
  • é comprensible; está expresado nunha lingua que entendan os expertos e non expertos cos detalles oportunos, e que explore e explique amplamente o concepto.
  • é suficiente por si mesmo; inclúe a información e terminoloxía esencial, para que sexa comprensible sen a necesidade de ler outros artigos.
  • diversifícase; contén ligazóns internas e fontes cara a outros artigos e información externa que complete o que inclúa o artigo.
  • atópase facilmente; para que outros editores o vexan e engadan ligazóns internas en artigos relacionados e así poida ser lido por máis xente.
  • desenvolve e explora todos os aspectos do tema, cubrindo cada ángulo enciclopédico relevante que poida ter.
  • é completamente neutral e imparcial; conta cunha redacción desde un punto de vista neutral, presentando as diversas visións de xeito lóxico e xusto, presentando feitos, facendo énfase nos puntos de vista máis importantes e dando menos atención aos minoritarios.
  • é dunha extensión apropiada; debe ser o suficientemente longo para proporcionar a información, profundidade e análise precisas, sen incluír detalles non necesarios ou calquera información que estaría mellor nalgún artigo relacionado ou noutro proxecto irmán.
  • reflicte coñecemento experto; está baseado en feitos e principios firmes e lóxicos.
  • é preciso e explícito; está libre de xeneralidades imprecisas e medias verdades que poidan resultar nun entendemento incompleto ou imperfecto.
  • está ben documentado; todos os feitos están sacados de fontes fiables, preferentemente daquelas que son accesibles e que están actualizadas.
  • é claro; está escrito evitando ambigüidades e malentendidos, cunha estrutura lóxica e unha prosa transparente e simple; sen lingua demasiado redundante.
  • é atractivo; a lingua é descritiva e ten un ton interesante e enciclopédico.
  • segue convencións de redacción nunha lingua moderna, cunha gramática correcta, con tempos verbais apropiados, unha boa puntuación e sen erros de ortografía.
  • inclúe imaxes informativas e relevantes; mapas, retratos, fotografías e obras de arte que engaden interese no lector ou axudan á compresión do texto, sen seren demasiadas e resten lexibilidade e molesten; sempre é bo que teñan un pé de foto cun pequeno texto explicativo.
  • está categorizado para un mellor e máis sinxelo agrupamento.
  • ten ligazóns interlingüísticas, se fose posible.
  • non é alcanzable; sucesivas edicións poden levar un artigo preto da perfección, pero no fondo a perfección significa cousas diferentes segundo o editor; o fin último é conseguir bos artigos enciclopédicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]