Wikimedia Commons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo de Wikimedia Commons.

Wikimedia Commons, abreviado decote como Wikicommons ou simplemente Commons, é un proxecto da Fundación Wikimedia creado o 7 de setembro de 2004 co obxecto de servir como almacén de ficheiros, tanto de imaxe como outros formatos multimedia, dos que botar man á hora de fornecer o resto dos proxectos da fundación.

Índice

Características [editar]

Todos os ficheiro deben ser liberados baixo licenzas libres (como a licenza de documentación libre de GNU) ou no dominio público.

Baséase nun wiki configurado de tal forma que os arquivos alí contidos están dispoñíbeis en todos os demais wikis dos proxectos de Wikimedia de forma transparente. Isto permite unha xestión centralizada deste tipo de ficheiro en todas as versións de Wikipedia, Wikilibros etc.

É posíbel editar as páxinas de Commons sen rexistro previo, pero é necesario rexistrarse para subir imaxes.

Fitos [editar]

  • O 30 de novembro de 2006, alcanzou o millón de ficheiros almacenados.
  • O 9 de outubro de 2007, alcanzou os 2 millóns de ficheiros almacenados.
  • O 16 de xullo de 2008, alcanzou os 3 millóns de ficheiros almacenados.
  • O 4 de marzo de 2009, alcanzou os 4 millóns de ficheiros almacenados.
  • O 2 de setembro de 2009, alcanzou os 5 millóns de ficheiros almacenados.
  • O 27 de xaneiro de 2010, alcanzou o millón de usuarios rexistrados e tamén os 8 millóns de páxinas.
  • O 31 de xaneiro de 2010, alcanzou os 6 millóns de ficheiros almacenados.
  • O 16 de abril de 2011, alcanzou os 10 millóns de ficheiros almacenados.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas [editar]

Outros artigos [editar]