Whisky escocés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Whisky escocés

O whisky escocés (a miúdo denominado simplemente como "Scotch") é un whisky de malte ou whisky de gran feito en Escocia. Todos os whisky escoceses fíxeronse orixinalmente de malte ou cebada. As destilerías de whisky comerciais comezaron a introducir trigo e centeo a partir de finais do século XVIII.

O whisky escocés divídese en cinco categorías distintas: single malt Scotch whisky, single grain Scotch whisky, blended malt Scotch whisky (anteriormente chamado "vatted malt" ou "pure malt"), blended grain Scotch whisky, e blended Scotch whisky.

Todos os whiskies escoceses deben ser envellecidos en barricas de carballo durante polo menos tres anos. Calquera declaración idade nunha botella de whisky escocés, expresada en termos numéricos, debe reflectir a idade do whisky máis novo utilizado para producir ese produto. Un whisky cunha declaración de idade é garantía da idade do whisky.

A primeira mención escrita sobre o whisky escocés atópase no Exchequer Rolls of Scotland, 1495. Un frade chamado John Cor foi o destilador en Lindores Abbey no Reino de Fife[1] .

Regulacións e etiquetado[editar | editar a fonte]

Definición legal[editar | editar a fonte]

Desde o 23 de novembro de 2009, as Scotch Whisky Regulations 2009 (SWR) definen e regulan a produción, o etiquetado, a embalaxe e a publicidade do whisky escocés. Substitúen aos anteriores regulamentos que se centraban exclusivamente na produción. A SWR define "whisky escocés", como o whisky que:

  • Prodúcese nunha destilería en Escocia a partir de auga e cebada malteada (á que póden engadirse só grans enteiros doutros cereais) todos os cales foron:
    • Procesados na propia destilería nun puré
    • Convertidos na propia destilería nun substrato fermentable só por sistemas de enzimas endóxenas
    • Fermentados na propia destilería mediante a adición de lévedo
    • Destilados cun grado alcohólico volumétrico inferior ao 94,8%
  • É totalmente madurado nun almacén fiscal en Escocia en barricas de carballo dunha capacidade inferior ou igual a 700 L. durante polo menos tres anos
  • Conserve a cor, o aroma e o sabor das materias primas utilizadas na súa produción e maduración
  • Non conteña substancias engadidas que non sexan auga e caramelo como colorante
  • Conte cun grado alcohólico volumétrico mínimo de 40%

Etiquetado[editar | editar a fonte]

Unha etiqueta de whisky escocés comprende varios elementos que indican os aspectos da produción, a idade, o embotellado e o propietario. Algúns destes elementos están regulados pola SWR. E algunhas reflicten a tradición e a comercialización. A ortografía da palabra "whisky" é a miúdo debatida polos xornalistas e os consumidores. Os whiskies escoceses e canadenses utilizan "whisky", os whiskies irlandeses utilizan "whiskey", mentres que os americanos e outros varían a ortografía da palabra.

A etiqueta incluirá sempre unha relación dos whiskies de malte ou cereais utilizados. Un whisky escocés single malt é o que está enteiramente producido a partir de malte nunha destilería. Tamén se pode atopar o termo "barrica única", o que significa que o embotellado procede na súa totalidade dunha sóa barrica. Os termos "blended malt" ou "vatted malt" son intercambiables, e significan que na botella mestúranse whiskies de malte de diferentes destilerías. A destilería Cardhu tamén empezou a usar o termo "pure malt" para a mesma finalidade, causando unha controversia no proceso dunha maior claridade no etiquetado, a destilería Glenfiddich usaba o termo para describir algúns embotellados de malte. Como resultado, a Scotch Whisky Association declarou que unha mestura de whiskies/whiskys de malte debe ser etiquetada como "blended malt". O uso dos termos antigos "vatted malt" e "pure malt" están prohibidos. O termo "blended malt" segue sendo controvertido, xa que algúns embotelladores manteñen que os consumidores poden confundir o termo con "blended Scotch whisky", que contén unha certa proporción de whisky de gran.

A marca que aparece na etiqueta é xeralmente a mesma que o nome da destilería (por exemplo, a etiqueta Talisker Distillery nomea os seus whiskies co nome Talisker). En efecto, a SWR prohibe ás embotelladoras usar o nome da destilería cando o whisky non se fixo alí. O nome do embotellador tamén pode aparecer, ás veces independente da destilería. Ademais de esixir que o whisky escocés sexa destilado en Escocia, a SWR require que tamén sexa embotellado e etiquetado en Escocia. As etiquetas tamén poden indicar a rexión da destilería (por exemplo, Islay ou Speyside)

O grado alcohólico exprésase na etiqueta como "Alcohol By Volume" ("ABV") ou simplemente "Vol". Normalmente, o whisky embotellado ten entre o 40% e o 46% Vol.. O whisky é considerablemente máis forte a primeira vez que sae do barril normalmente 60-63% Vol.. Despois engádese auga para crear o volume de embotellado desexado. Si o whisky non se dilúe antes de ser embotellado, pode ser etiquetado como Cask Strength.

As etiquetas tamén poden conter diversas declaracións de técnicas de filtración ou procesos finais de maduración por exemplo como "natural" ou "non-chill-filtered". Algúns whiskies son metidos en diferentes barricas, con frecuencia en toneis dexerez ou porto, durante unha parte da maduración, estes whiskies poden ser etiquetados como "wood finished", "sherry/port finished", e así sucesivamente.

Tipos de whisky escocés[editar | editar a fonte]

Varios whiskies escoceses

Hai dous tipos básicos de whisky escocés, dos cales fanse todas as mesturas:

  • Single malt Scotch whisky, é un whisky escocés que se produce a partir de auga e cebada malteada destilada nunha única destilería de destilación descontinua en alambiques.
  • Single grain Scotch whisky, é un whisky escocés destilado nunha única destilería, pero ademais de cebada malteada e auga, pode levar grans enteiros doutros cereais malteados ou non malteados. "Single grain" non significa que só se utilice un único tipo de gran para producir o whisky, máis ben, o adxectivo "single" (único) refírese unicamente á utilización dunha soa destilería (facer un "single grain" require utilizar unha mestura de grans, a cebada é un tipo de gran, e en todo o whisky escocés debe ser utilizada algo de cebada malteada).

Exclúese da definición de “single grain Scotch whisky” calquera licor cualificado como single malt Scotch whisky ou como blended Scotch whisky.

Hai tres tipos de mesturas defínidas para o whisky escocés:

  • Blended malt Scotch whisky: unha mestura de dous ou máis whiskies single malt de distintas destilerías.
  • Blended grain Scotch whisky: unha mestura de dous ou máis whiskies de gran de destilerías escocesas diferentes.
  • Blended Scotch whisky: unha mestura dun ou varios whiskies escoceses de malte cun ou varios whiskies de gran escoceses.

As cinco definicións de whisky escocés están estruturadas de tal xeito que as categorías son mutuamente excluíntes. Os regulamentos de 2009 cambiaron a definición formal de blended Scotch whisky para lograr este resultado, pero dun xeito que reflicte a práctica tradicional e a actual.

A regra 5 do SWR 2009 estipula que o único whisky que pode ser fabricado en Escocia é o whisky escocés. Esta disposición impide a existencia de dous "tipos" de whisky provenientes de Escocia, un "whisky escocés" e o outro, un "whisky - produto de Escocia" que cumpra coa norma xenérica da UE para o whisky. Segundo a Asociación de Whisky Escocés, permitir a produción doutro whisky que non fora Scotch whisky, faría difícil protexer o Scotch whisky como un produto distintivo.

Single grain[editar | editar a fonte]

A maioría dos grain whisky producidos en Escocia son blended Scotch whisky. O whisky mesturado medio ten un 60%-85% de whisky de gran. Os whiskies de gran de maior calidade dunha única destilería embotéllanse como single grain whisky.

Blended / vatted malt'[editar | editar a fonte]

Blended malt whisky, antes chamado vatted malt ou pure malt (termos que agora están prohibidos na SWR 2009), é un dos tipos menos comúns de whisky: unha mestura de whiskies de malte de máis dunha destilería (posiblemente con diferentes idades). Os blended malt conteñen só whiskies de malte, non wiskies de gran, e distínguense doutros tipos de whisky pola ausencia da palabra single antes de malt na botella, e a ausencia do nome da destilería. A idade do whisky é a dos máis novos dos ingredientes orixinais. Por exemplo, un Blended malt whisky de "8 anos" pode incluír whiskies máis vellos, pero o máis novo non ten máis de oito anos. Johnnie Walker Green é un exemplo dun Blended malt whisky. Desde novembro de 2009, ningún whisky escocés pode ser etiquetado como vatted malt ou pure malt, a SWR esixe que teñan que ser etiquetados como blended malt.

Blended[editar | editar a fonte]

O Blended Scotch whisky constitúe ao redor do 90% do whisky producido en Escocia[2] Os Blended Scotch whisky conteñen whisky de malte e whisky de gran. Foron creados inicialmente como unha alternativa aos whiskies/whiskys de malte, que algúns consideran demasiado duros. Os produtores combinan as distintas maltes e whiskies de gran para producir un estilo de marca coherente. As marcas máis notables de blended Scotch son Bells, Dewar's, Johnnie Walker, Whyte and Mackay, Cutty Sark, J&B, The Famous Grouse, Ballantine's e Chivas Regal.

Embotelladores independentes[editar | editar a fonte]

Moitas destilerías de malte venden unha gran cantidade de barrís de whisky para a mestura, a compradores particulares. O whisky destas barricas son embotellados como un single malt por embotelladores independentes, firmas como Duncan Taylor, Master of Malt, Gordon & MacPhail, Cadenhead, The Scotch Malt Whisky Society, Murray McDavid, Signatory, Douglas Laing, e outros. Na etiqueta adoitan reflectir o nome da destilería de procedencia, pero non usan os logotipos de marca ou os tipos de letra da destilería.

Por múltiples razóns, algunhas marcas independentes non identifican a destilería de procedencia do whisky na botella. No seu lugar, poden identificar só a área xeográfica xeral de procedencia, ou simplemente comercializar o produto coa súa propia marca, sen identificar a súa fonte. Isto pode, nalgúns casos, ser simplemente para dar á empresa embotelladora independente a flexibilidade de comprar a distintas destilerías sen cambiar as etiquetas.

Historia[editar | editar a fonte]

Caneco de whisky Greybeard Heather Dew
"Para frei Juan Cor, por orde do rei, para facer aqua vitae VIII cápsulas de malte".” — Exchequer Rolls 1494–95, vol x, p. 487.[3]

Segundo a Asociación Scotch Whisky, o whisky escocés evolucionou a partir dunha bebida escocesa chamada uisge beatha, que significa "auga viva" ou "auga de vida". O primeiro rexistro documentado da destilación en Escocia produciuse xa no ano 1494, tal como se documenta nos Exchequer Rolls, que eran os rexistros de impostos dese tempo. A cita anterior rexistra "Oito cápsulas de malte ao frade John Cor con que facer aqua vitae". Isto equivale a unhas 1.500 botellas, o que suxire que a destilación estaba ben establecida polo século XV.[4]

A produción de whisky foi gravada por primeira vez en 1644, provocando un aumento da destilación de whisky ilegal no país. Ao redor de 1780, había ao redor de oito destilerías legais e 400 ilegais. En 1823, o Parlamento diminuíu as restriccións ás destilerías con licenza coa "Lei de Impostos Especiais", mentres que ao mesmo tempo, facía máis difícil operar aos alambiques ilegais, marcando así o comezo da éra moderna na produción de whisky escocés. Dous feitos contribuíron a aumentar a popularidade do whisky: en primeiro lugar, un novo proceso de produción introduciuse en 1831 chamado Coffey ou Patent Still, o whisky producido neste proceso era menos intenso e máis suave. En segundo lugar, a filoxera bug destruíu a produción de viño e coñac en Francia en 1880.

Rexións de Whisky[editar | editar a fonte]

As rexións do whisky escocés

Escocia divídese tradicionalmente en catro rexións:. As terras altas (Highlands), terras baixas (Lowlands), Islay, e Campbeltown.[5]

Speyside, abarca o val do río Spey no nordeste de Escocia, que antes se consideraba parte das terras altas, ten case a metade do total das destilerías de Escocia dentro dos seus límites xeográficos e, en consecuencia, recoñeceuse oficialmente como unha rexión en si mesma.

Campbeltown retirouse como rexión fai varios anos, pero foi recientemente reinstalada como unha rexión de produción recoñecida.

As illas non se recoñecen como unha rexión pola Scotch Whisky Association (SWA)[6] e considéraa parte da rexión das Terras Altas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lindores Abbey – The Home of Scotch Whisky". 2011-10-01. 
  2. "Statistical Report 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2012. Consultado o 2011-11-16. 
  3. Ver tamén Lord High Treasurer’s Accounts: “Et per liberacionem factam fratri Johanni Cor per perceptum compotorum rotulatoris, ut asserit, de mandato domini regis ad faciendum aquavite infra hoc compotum viij bolle brasii” vol 1, p. 176.
  4. "History". Scotch Whisky Association. Consultado o 2012-07-16. 
  5. The Scotch Whisky Regulations 2009 – Chapter 8 section 1
  6. "Map of Distilleries". Scotch Whisky Association. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2007. Consultado o 2007-08-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Fontes citadas

Outras fontes

  • Broom, Dave (1998). Whiskey – A Connoisseur's Guide. Londres. Carleton Books Limited. ISBN 1-85868-706-3
  • Broom, Dave (2000). Handbook of Whisky. Londres. Hamlyn. ISBN 0-600-59846-2
  • Erskine, Kevin (2006). The Instant Expert's Guide to Single Malt Scotch – Second Edition. Richmond, VA. Doceon Press. ISBN 0-9771991-1-8
  • MacLean, Charles (2003) Scotch Whisky: A Liquid History. Cassell Illustrated. ISBN 1-84403-078-4
  • Wishart, David (2006). Whisky Classified – Second Edition. Londres. Pavilion Books. ISBN 1-86205-716-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]