Vicente Peña Tarrasa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Peña Tarrasa
Biografía
Nacemento1904 Editar o valor em Wikidata
Palma, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de marzo de 1949 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Paramos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPedro Borrás Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Vicente Peña Tarrasa, coñecido como Pedro Borrás, nado en Palma de Mallorca en 1904 e finado en Val do Dubra o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Suboficial da Mariña en Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fiel á Reública, estivo a piques de ser fusilado e foi obrigado a loitar no bando sublevado. A principios dos anos corenta organizou células clandestinas nos cuarteis Dolores de Infantaría de Mariña en Ferrol e grupos da Unión Nacional (UNE) e o PCE. En 1946 pasou á guerrilla onde foi un dos oficiais militares do destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Tamén asumiu a formación teórica a través do periódico Senda Guerrillera. O grupo que comandaba foi o autor do incendio da Casa do Concello de Moeche o 17 de agosto de 1948. O 8 de setembro de 1948 a Garda Civil de Ortigueira cercou unha casa de Ambosores na que se refuxiaba Vicente Peña con Leonardo Gómez Pérez e outros tres guerrilleiros; no tiroteo mataron o propietario Jesús López Bouza e ao seu criado José Durán Souto, logrando fuxir os guerrilleiros. O xulgado militar da Coruña publicou unha requisitoria contra el e Jesús Valeiro Gómez en novembro de 1948 como encartados nas causas 457/48, 458/48 e 482/48 por atraco a man armada.[1] Refuxiados nunha casa de Zas (Negreira), foron descubertos pola Garda Civil, fuxiron e foron abatidos en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949. Morreron José María Castelo Mosquera e Manuel Pena Camino, e as enlaces Carmen Temprano e Manuela Teiga.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María de la Luz Díaz Rascado.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 4-11-1948, p. 4.
  2. El Ideal Gallego, 19-12-1950, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]