Vatnajökull

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vatnajökull, Islandia.
Lago Grímsvötn no glaciar Vatnajökull.

Vatnajökull é o maior campo de xeo de Islandia e un dos maiores de Europa.

Descrición[editar | editar a fonte]

Vatnajökull presenta un área total de 8100 km². Situado ao sueste do país, cobre máis do 8% da súa superficie. É o maior glaciar de Europa en volume (uns 3000 km³) e o segundo en área, só superado por Austfonna en Nordaustlandet, Svalbard (Noruega).

As súas dimensións son aproximadamente duns 150 km de leste a oeste e duns 100 km de norte a sur.

O espesor promedio del hielo é duns 400 m, chegando a un máximo de 1000 m. O volcán máis elevado de Islandia, Hvannadalshnjúkur (2100 m) está localizado na periferia Sur do campo de xeo, próximo ao Parque Nacional Skaftafell e exactamente por baixo do pequeno manto de xeo Öræfajökull.

As linguas glaciarias derivadas ate ás marxes oeste, norte e noreste alcanzan altitudes de 600 a 800 msnm, sendo o grosor do xeo duns 400 m en promedio e chegando ata aos 900 m.

O punto máis profundo baixo o glaciar alcanza os 300 m mbnm baixo a bacia glaciar do Skeidarajökull.

A precipitación nívea anual varía entre os 4 e os 70 dm, variando entre un mínimo de 4 m no extremo sur e diminuíndo drásticamente ate ao norte.

Vulcanismo[editar | editar a fonte]

O rift volcánico de Islandia discorre desde o Suroeste ao Noreste do país, aínda que a maior actividade geológica atópase justamente na rexión onde se asenta o Vatnajökull. En particular, os sistemas volcánicos baixo este campo de xeo estiveron activos en tempos históricos, dispoñéndose en consecuencia dun longo corpus de datos acerca da actividade eruptiva resultante.

Desta dinámica frecuentemente nacen os chamados lagos volcánicos, que adoitan ser fontes das relativamente comúns surgentes glaciares. O lago Grímsvötn por exemplo, foi en 1996 a orixe dunha das máis estudadas. O complexo volcánico subyacente causou tamén unha consideravel aínda que breve erupción a comezos de Novembro de 2004.

Estado actual[editar | editar a fonte]

Vatnajökull experimentou un continuo retroceso, posiblemente debido ao quecemento global e á recente actividade volcánica na área. En 1980 tiña 8300 km² mentres que en 1958, 8538 km².