Grímsvötn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do volcán cuberto polo xeo do Vatnajökull.

O Grímsvötn (do islandés: vötn, en singular: vatn, «lago») é un sistema lacustre-volcánico de Islandia, duns 100 km de longo e 15 km de ancho. Os espellos de auga que o compoñen están situados nas terras altas do país, sobre o extremo Noroeste do campo de xeo do Vatnajökull, a unha altitude media de 1.725 metros. Estes lagos áchanse completamente cubertos polo manto de xeo glaciario, sendo evidenciados pola extensa planicie xeada que os cobre. Baixo este sistema atópase a gran cámara magmática do volcán homónimo (o maior de todo o sistema), cuxa caldeira ten uns 35 km².

En 1783 ocorreu a maior erupción efusiva rexistrada no último milenio. Causou un gran dano na flora da illa e a fame produciu a morte dunhas 10.000 persoas. Ademais, a erupción tivo repercusión no clima mundial. O 18 de decembro de 1998 ocorreu unha erupción que se estendeu por once días, expondo unha fisura de 1.300 metros de longo con cinco cráteres activos. En novembro de 2004 detectouse actividade eruptiva que arroxou unha extensa columna eruptiva de cinza volcánica, causando unha breve interrupción do tráfico aéreo sobre Islandia. De novo, o 21 de maio de 2011 o volcán volveu a erupcionar emitindo columnas eruptivas de ata 12.000 metros de altura, pechando durante ese día o tráfico aéreo da illa e o dalgúns aeroportos do norte de Europa os días seguintes.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grímsvötn

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]