Nordaustlandet
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nordaustlandet | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Noruega |
| Localización | Océano Ártico |
| Arquipélago | Svalbard |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 14.433 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 79°48′N 21°24′E / 79.8°N 21.4°E |
| Maior Altura | 764 m. Norddomen |
| Localización | |
![]() |
|
Nordaustlandet (literalmente, en noruegués, "Terra do nordeste") é unha illa do grupo das Svalbard situada ao nordeste do arquipélago, de aquí o seu nome, separada da illa principal (Spitzbergen) polo estreito de Hinlopen. Cunha extensión de 14.433 km², 11.009 km² de glaciares, é a segunda illa máis grande do arquipélago. Está deshabitada.
A súa superfície está esencialmente recuberta de glaciares, que se dividen en dúas zonas principais: Austfonna (é dicir, o "glaciar do leste", o máis grande de Europa polo seu volume e Vestfonna (o "glaciar do oeste"). Nordaustlandet está incluída dentro do Parque Natural do Nordeste de Svalbard.
