Uri Geller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uri Geller

Uri Geller, nado en Tel Aviv o 20 de decembro de 1946, é un personaxe televisivo coñecido por declarar ter poderes psíquicos. Comezou a súa carreira como mago en clubs nocturnos israelís, chegando a acadar certa sona polas súas actuacións nas que afirmaba ter habilidades paranormais como a telequinesis, a telepatía e a procura de auga subterránea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]