Unión Africana e Malgaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Africana e Malgaxe
Tipoorganización
Data de fundación1965
SedeBrazzaville
editar datos en Wikidata ]

A Unión Africana e Malgaxe (AMU) (en francés Union Africaine et Malgache (UAM)) foi unha organización internacional creada por antigas colonias francesas en África. En decembro de 1960 un grupo de países independizados de Francia acordaron en Brazzaville a creación dunha organización de cooperación, formalizándose o 12 de setembro de 1961 en Antananarivo axuntando a 12 países, coñecidos como o grupo de Brazzaville: Chad, Camerún, República do Congo, Dahomey, Gabón, Alto Volta, Mauritania, Níxer, Madagascar, República Centroafricana, Senegal e Costa do Marfil. Tiña como obxectivo coordinar posicións obre cuestións internacionais e promover a cooperación nos ámbitos económico e cultural e manter unha organización de defensa común. Tras a creación da Organización da Unidade Africana en 1963 os países membros da AMU deixaron as cuestións políticas para a OUA e mudou o seu nome en marzo de 1964 a Unión Africana e Malgaxe de Cooperación Económica para ser substituída finalmente pola Organización Común Africana e Malgaxe en 1965.