Ulad Delim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ulad Delim (en árabe: أولأد دليم‎) é unha tribo do Sáhara Occidental. Considéranse descendentes dos Beni Hassan, cunha liñaxe que se remonta a Mahoma, que emigraron dende Marrocos por conflitos cos seus gobernantes. Tradicionalmente percorrían o sur do territorio e recibían tributo doutras tribos a cambio de protección.

Enfrontados aos franceses, os franceses ofrécenlle a paz a cambio que se asenten no seu territorio enmarcado na rivalidade franco-española pola zona, os Ulad Delim pediron en 1933 a entrada de España no interior do Sáhara Occidental, cousa que fan ao ano seguinte cando ocupan Daora e Smara.

Divídese en cinco fraccións (fahed): Ludeicat, Serahna, Ulad Baamar, Ulad Jaliga e Ulad Tagueddi