Ahel Berikallah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ahel Berikallah é unha tribo tekna que habita no norte do Sáhara Occidental.
Aínda que son de orixe bérber falan dende hai séculos o hassaniya. A súa xenealoxía remóntase ao século XI e tradicionalmente foi unha tribo dedicada á relixión e ao estudo. Segundo o censo feito polas autoridades españolas en 1974 sumaban un total de 1 810 persoas.