Arosien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arsien é unha tribo do Sáhara Occidental. Considéranse descendentes de Sidahamed Larosi, cunha liñaxe que se remonta a Mahoma, que chegou ao Sáhara ao comezo do século XVI procedente de Marrocos, onde fora perseguido. Tradicionalmente foi unha tribo dedicada á meditación e ao estudo, nunca foi moi numerosa, actualmente pode andar arredor dos 3.000 individuos.