Toubalt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Toubalt é unha tribo do Sáhara Occidental. Considéranse descendentes de Muley Abdallah, cunha liñaxe que se remonta a Mahoma. Tradicionalmente movíanse entre o territorio comprendido entre Cabo Juby e O Aaiún. A tribo recolleu por escrito diferentes acontecementos históricos nos que se viu envolta.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.