Tras os Montes e Alto Douro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antiga provincia de Tras os Montes e Alto Douro.

Tras os Montes e Alto Douro, ortografado en portugués Trás-os-Montes e Alto Douro é unha antiga provincia portuguesa creada pola reforma administrativa de 1936, en conformidade coa Constitución portuguesa de 1933 (Estado Novo). As novas provincias da reforma baseábanse nun estudo xeográfico que identificaba 13 "rexións naturais" portuguesas. A rexión natural de Trás-os-Montes e a rexión natural do Alto Douro, foron agrupadas na provincia de Tras os Montes e Alto Douro. A provincia continuaba xeográficamente a antiga provincia de Tras os Montes, englobaba tamén algúns concellos da marxe esquerda do Douro.

As provincias de 1936 non tiveron practicamente ningunha atribución, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.[1]

A proposta de rexionalización suxeita a Referendo en 1998 (sendo rexeitada) prevía a creación da rexión de Tras os Montes, idéntica á provincia de 1936, coa excepción de incluír un concello máis (Mêda).

Territorio[editar | editar a fonte]

A provincia de 1936 limitaba ao norte coa Galiza e ao leste coa provincia de León, ao sul coa Beira Alta, e ao oeste coa provincia de Miño e a de Douro Litoral.

Estaba constituída por 31 concellos, integrando a totalidade do Distrito de Bragança e do de Vila Real e partes dos distritos da Guarda e de Viseu. Tiña a súa capital na cidade de Vila Real.

Actualmente, o territorio da antiga provincia atópase totalmente integrado na Rexión Norte, repartíndose polas subrexións estatísticas do Alto Trás-os-Montes (totalidade), Douro (a maior parte, exceptuados os concellos de Moimenta da Beira, Penedono, Sernancelhe e Tarouca) e tamén parte do Támega (concellos de Mondim de Basto e Ribeira de Pena).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nuno Valério (coord.), idem, p. 29.