Tian Han

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tian Han

田漢 Tian Han (12 de marzo de 1898 - 10 de decembro de 1968) escritor chinés do período moderno. Dramaturgo, foi o principal promotor en China do teatro falado (話劇) de tipo occidental. É o autor da letra do himno nacional chinés: A marcha dos voluntarios. Politicamente comprometido cos movementos de esquerda e despois co réxime comunista, escribiu unha obra de teatro para xustificar a presenza chinesa no Tíbet a proposta de Zhou Enlai. Morreu en prisión durante a Revolución Cultural.