Theodor Benfey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Theodor Benfey

Theodor Benfey, nado o 28 de xaneiro de 1809 e finado o 26 de xuño de 1881, foi un filólogo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de comerciantes xudeus en Nötrn, nas proximidades de Göttingen, seu pai instruiuno na lingua hebrea, estudou filoloxía clásica na Universidade de Göttingen e pasou un ano en Múnic, onde quedou impresionado coas leccións de Schelling e Thiersch, e despois estableceuse como profesor en Frankfurt. En Göttingen, onde volvera para dar clases, escribiu un pequeno ensaio e publicou de 1839 ata 1842 o Griechisches Wurzellexikon. A partir da década dos corenta a súa atención centrouse no sánscrito, en 1848 publicou unha edición do Samaveda, Die Hymnen des Sâma Veda. En 1852-1852 publicou o Handbuch der Sanskritsprache, un completo manual do sánscrito, que incluía unha gramática, e en 1858 publicou unha gramática práctica desa lingua. En 1859 deu ó prelo unha edición do Panchatantra, Pantschatantra. Fünf Bücher indischer Fabeln, Märchen und Erzählungen. En 1866 publicou o seu monumental Sanskrit-English Dictionary.