The Road to Los Angeles
| The Road to Los Angeles | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||
|
The Road to Los Angeles ("Camiño a Los Angeles") é unha novela escrita en 1933 polo italo-americano John Fante, publicada por vez primeira en 1985. É o primeiro volume (o cuarto por orde de publicación) da tetraloxía con Arturo Bandini como protagonista.
Trama [editar]
Arturo Bandini é un rapaz de dezaoito anos, orfo de pai (aínda que Svevo aparece na precuela de 1937), que vive coa súa nai enferma e coa súa irmá Mona, fanática relixiosa. O seu soño é ser un grande escritor, pero traballa nunha fábrica de conservas, sendo esta a única fonte de ingresos do fogar tras a morte do seu pai, xunto con algunhas achegas do irmán da nai.
Le autores como Friedrich Nietzsche ou Oswald Spengler, pero só por pura megalomanía, pois non entende a metade. Estas lecturas sérvenlle para ter unha falsa erudición verbal, con moitos termos cultos pero libre de substancia, o que fai que se ridiculice a si mesmo.
Colecciona imaxes eróticas de mulleres espidas, ás que idolatra como deusas. Porén, un día destrúeas nun ataque de moralidade, que lle chega por unha frustración contra a intolerancia monacal perenne da súa irmá e as responsabilidades inquietantes da nai.
Narración [editar]
Arturo é un rapaz novo, megalómano, groseiro, racista e intolerante. O autor parece delinear un antiheroe negativo, mesquiño e soberbio, pero o que emerxe é un personaxe que se ri dos seus propios brotes neuróticos, mal adaptado ás convencións da vida civilizada.
A obra está narrada en primeira persoa, pero isto non contribúe á identificarse co protagonista: a fina e áspera ironía que xorde do contraste entre as intencións claras de Arturo e os acontecementos que finalmente teñen lugar. A narración converte a novela nunha sátira da forma de ver o mundo solipsista e egocéntrico, fronte ao mundo real ao que non logra adaptarse
A trama desenvólvese en Los Angeles (California), entre o barrio pobre onde viven e a factoría conserveira situada no peirao. Está ambientada a comezos da década de 1930, durante a Gran Depresión.
| libros de John Fante |
|
The Road to Los Angeles (1936) - Wait until Spring, Bandini (1937) - Ask the Dust (1939) - Dreams from Bunker Hill (1982) Outras obras Dago Red (1940) - Full of Life (1952) - The Brotherhood of the Grape (1977) - The Wine of Youth (1985) - 1933 was a bad year (1985) - West of Rome (1986) - The Big Hunger (2000) |