Wait until Spring, Bandini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wait until Spring, Bandini
Autor/aJohn Fante
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela, Realismo sucio
EditorialHarperCollins
Data de pub.1938
editar datos en Wikidata ]

Wait until Spring, Bandini ("Agarda até a primavera, Bandini") é unha novela escrita polo italo-americano John Fante, publicada por vez primeira en 1938. É o segundo volume (o primeiro por orde de publicación) da tetraloxía con Arturo Bandini como protagonista.

En 1989 foi levada ó cine co título homónimo de Wait until Spring, Bandini, dirixida por Dominique Deruddere coas actuacións de Joe Mantegna (Svevo), Ornella Muti (Maria) e Michael Bacall (Arturo).

Trama[editar | editar a fonte]

A novela narra a historia dunha familia pobre de inmigrantes italianos en Colorado, no inverno de 1928. Son o pai de familia, Svevo Bandini, a nai Maria, e os tres fillos, Arturo, August e Federico.

A historia está narrada por Arturo, o fillo máis vello, de 14 anos. O pai, Svevo, é albanel, pero sofre con desgusto a situación de vivir con débedas e condenado á inactividade polo ríxido clima invernal, refuxiándose no alcol e no xogo para esquecer, aínda que só sexa brevemente, a súa vida. Arturo ó mira ó mesmo tempo con admiración (polo feito de non resignarse á súa condición de "povero immigrato italiano") e con temor e odio por facer sufrir á nai, unha muller extremadamente devota que soporta pacientemente as trasnadas e as continuas ausencias do fogar do seu marido, refuxiándose tenazmente na súa fe.

Mentres tanto Arturo atopa o modo de evadirse da realidade no seu amor (non correspondido) por Rosa, a súa compañeira de clase, e na súa paixón polo béisbol.

A xa fráxil situación do fogar vese agravada pola visita da avoa materna, Donna Toscana, que sempre xulgou a Svevo como un inepto, e que non perde ocasión para reprochar á filla os "erros" que cometeu ó casar.

Narración[editar | editar a fonte]

A trama desenvólvese nunha imaxinaria cidade de Colorado, que se corresponde con Boulder, onde vivía a familia Fante. Pero Svevo non acaba de aclimatarse, acostumado ás montañas dos Abruzos.

A historia, traxicómica, adoita estar narrada en terceira persoa desde o punto de vista de Arturo. Algúns capítulos están narrados por Svevo, e outras partes son declaracións en primeira persoa de Arturo.